Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares porá en marcha a partires do mes de outubro as Escolas Culturais
18 Setembro 2009 13:42
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, porá en marcha a partires de outubro as Escolas Culturais correspondentes ao curso 2009-2010, que serán impartidas en diferentes locais públicos do municipio –Alianza, centro da terceira idade, Escolas do Lago e aula de informática-. Teatro, debuxo e pintura, manualidades, inglés –iniciación e perfeccionamento-, encadernación, gaita e percusión, traballos do fogar, alfabetización de adultos, informática –para nenos/mozos e para adultos- e divertixogos completan a oferta que esta mesma mañá foi presentada aos grupos políticos na comisión informativa de Cultura, Educación, Medio Ambiente, Comercio, Industria e Turismo.
As cuotas que os veciños que se inscriban deberán aboar varían segundo a actividade e o número de horas, e incluso gaita e percusión será de balde.
Unha das actividades con máis aceptación é a de Informática, que este ano, ademais, ofrecerá como novidade unhas Xornadas de Software Libre. Así, promóvense cursos de iniciación á informática, informática para nenos, ofimática e Internet. Cada un dos grupos estará formado por un máximo de dez persoas e haberá horario de mañá e de tarde.
As inscripcións, cuxo prazo abrirase o vindeiro luns, deberán realizarse na Alianza Aresana, no seu horario habitual de apertura.
Na mesma comisión de Cultura tamén acordouse fixar os dous días que serán festivos locais en 2010. Deste xeito, o Mércores de Cinza, o 17 de febreiro, e o Voto de Chanteiro, o 25 de maio, quedarán como festivos do municipio de Ares se así o ratifica o pleno da corporación.


CONVENIO COA CEMMA

Finalmente, na comisión deuse conta do convenio asinado polo Concello coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), un acordo polo que se establece e regula a colaboración entre ambos. Así as cousas, preténdese a execución axeitada dos diferentes proxectos que está a desenvolver a CEMMA no territorio de Ares, ademais de futuras actuacións que sexan susceptibles de ser realizadas neste municipio. Entre ditos proxectos, atópase a campaña de monitorización marítima, outra costeira, asistencia e recuperación dos mamíferos mariños, rede de varamentos e campaña de fotoidentificación de delfínidos.
No que se refire ao Concello de Ares, comprométese a poñer a disposición desta entidade os medios materiais e humanos necesarios para a realización dos traballos e actividades que se desenvolvan ao amparo do convenio. Tamén promoverá a concienciación social e a protección dos mamíferos mariños mediante a organización de eventos, campañas de divulgación e outras ferramentas educativas, mentres que a CEMMA prestará asesoramento técnico de balde en calquera aspecto que sexa consultado polo Concello e que presente relación co traballo que leva a cabo a organización ecoloxista.
O convenio ten unha vixencia dun ano, e será prorrogado automáticamente agás que unha das dúas partes o denuncie de parte cunha antelación mínima de tres meses.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares