Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Asociación Vauban pensa que a candidatura de Ferrol ten moitas posibilidades de acadar o recoñecemento de Patrimonio Mundial
25 Setembro 2009 14:35
Unha comitiva formada por máis de vinte integrantes da Asociación Vauban, experta na obra deste importante enxeñeiro e arquitecto do Rei Luis XIV (o Rei Sol) e, por extensión, adicada ao estudo das fortificacións militares, acompañada polo director do Ciefal, Juan Antonio Rodríguez Villasante, realizou esta mañá unha visita ás principais baterías de Ares, así como aos restos do castelo de San Martín e ao mosteiro de Santa Catalina. O percorrido, que iniciaron en San Martín, estivo guiado por José Manuel Castro, director do Obradoiro de Emprego Insert@res, que está a traballar dende o pasado mes de decembro na recuperación e mantemento destes importantes elementos do patrimonio histórico e cultural do municipio.
Sobre as 12.30 horas, o alcalde accidental, Francisco García Prego, xunto co resto dos concelleiros do grupo de goberno, recibiron aos membros da entidade na Alcaldía. García Prego, que disculpou a ausencia do rexedor, Julio Iglesias –non estaba en Ares por cuestións de axenda-, deu a benvida á comitiva, ao tempo que se interesou pola opinión acadada nesta visita. Tamén deu conta do interese dos actuais responsables municipais na recuperación e posta en valor do patrimonio aresán –o proxecto do segundo Obradoiro de Emprego remitido a Traballo inclúe seguir traballando nestes espazos- e ofreceu a colaboración institucional, na mesma liña que o vén facendo Iglesias dende que accedeu á Alcaldía, para acadar o recoñecemento da UNESCO.
Pola súa banda, Alain Monferrand, presidente de Vauban, mostrou o seu agradecemento aos responsables municipais pola boa acollida, ao tempo que asegurou estar “completamente conquistado” polos espazos visitados, tanto onte en Ferrol como hoxe en Ares. Monferrand deu conta dalgúns dos datos desta asociación nacional, que conta na actualidade con arredor de mil socios que poden ser de toda Europa e incluso Concellos de prazas fortificadas. Vauban, como dixo o seu presidente, forma parte de Icomos.
Así mesmo, indicou que dos 14 informes nos que colaborou o ano pasado, 12 foron declarados Patrimonio Mundial pola UNESCO, dato que confirma a importancia e prestixio desta entidade gala.
Con respecto á candidatura de Ferrol, que inclúe patrimonio enclavado no municipio de Ares, Alain Monferrand destacou o grande traballo realizado por Juan Antonio Rodríguez Villasante, afirmando que “el dossier nos ha parecido perfecto para hacer su presentación”. “Creemos que tenéis muchas posibilidades de que la candidatura sea admitida”, aseverou o presidente de Vauban que, aínda sí, lembrou que este feito supón obligacións moi importantes, como o mantemento e conservación da paisaxe e do entorno natural.
A visita a Ares rematou coa sinatura de Monferrand no Libro de Ouro do Concello e coa entrega de agasallos, un mapa e unha medalla do tricentenario da asociación para Ares e, por parte do Concello, dun libro de fotografías do municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares