Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 24 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Ministerio de Defensa devolverá de forma inmediata ao Concello o uso do mosteiro de Santa Catalina
12 Novembro 2007 11:54
O Concello de Ares recuperará de forma inmediata a cesión de uso do mosteiro de Santa Catalina e o fará a través da sinatura dun convenio. Este foi un dos compromisos que acadou esta mañá en Madrid o alcalde, Julio Iglesias, do director general de Infraestructura do Ministerio de Defensa, Jaime Jesús Denis Zambrana. Precisamente para coñecer o estado das instalacións do cenobio, as baterías de costa e intercambiar a documentación necesaria para dito convenio de cesión de uso, Denis Zambrana fará unha visita a Ares a finais deste mes de novembro ou principios do de decembro; visita á que Iglesias tamén invitará ao responsable de Patrimonio da Xunta. Neste sentido, o rexedor socialista mantivo unha reunión o pasado xoves en Santiago co director xeral deste departamento, Felipe Arias, na que, como subliñou Iglesias, éste comprometeuse a facerse cargo do plan director do mosteiro e a telo rematado en febreiro de 2008.
Para o alcalde de Ares, a decisión da Dirección Xeral de Patrimonio, á que agredeceu a súa disposición e a súa implicación do desenvolvemento e posta en valor do cenobio, é de vital importancia para o futuro de Santa Catalina, xa que, como destacou, determinará os usos compatibles –o plan director determinará qué elementos teñen que conservarse e os que poden modificarse para ditos usos-, que en todo caso estarán no ámbito sociosanitario ou no sector servizos (turismo).
Destas cuestións tamén se falou na reunión desta mañá en Madrid. A este respecto, o director general de Infraestructuras propuxo a posibilidade de constituir un consorcio, que estaría integrado polo propio Ministerio –titular desta propiedade-, o Concello de Ares –municipio no que se asenta- e a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta –departamento que fará o plan director e á que se dirixirá agora o alcalde para pedirlle que se sume a ese esforzo conxunto-, e que se encargaría de executar o plan director. É dicir, como manifestou Julio Iglesias, o consorcio, que se definirá na visita que Denis Zambrana fará próximamente a Ares, será o instrumento que determine, en función do plan director, o uso que finalmente terá o mosteiro e, no seu caso, buscará a financiación necesaria.
En principio, Defensa mostrou o seu interese en facer unha residencia para a terceira idade, aínda que, como dixo o director general de Infraestructura, polas necesidades do Ministerio unicamente serían necesarias 140 prazas. No caso de que éste sexa finalmente o uso de Santa Catalina, o resto das prazas estarían conveniadas co Ministerio de Sanidade ou con Vicepresidencia da Xunta.
Se o uso non é o sociosanitario e si o turístico –museo, hotel, etc.-, o Consorcio buscaría a financiación privada –no anterior caso o desembolso económico sería, loxicamente, público-, que en todo caso tería que ser amortizada e sempre redundaría en beneficio do propio mosteiro e o seu entorno, tanto na súa conservación como rehabilitación.
Ademais, Denis Zambrana trasladou a Julio Iglesias a súa vontade por estudar o posible financiamento da mellora dos accesos a Santa Catalina e as baterías de costa.
Iglesias mostrouse moi satisfeito pola receptividade atopada no director general de Infraestructura e polos acordos acadados na reunión. Tamén destacou a boa vontade do Ministerio á hora de contar co Concello para decidir e participar activamente, mediante o consorcio, no futuro do mosteiro, unha das principais construccións da comarca.
Con estes compromisos, xunto co do director xeral de Patrimonio, dase un importante paso na rehabilitación e conservación de Santa Catalina. Neste sentido, ambos responsables políticos coincidiron á hora de calificar como insostenible e de abandono a situación actual, na que o único froito que se acadaba era o do deterioro. Agora, a situación cambiará radicalmente.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares