Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 24 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello repartíu 300 kilos de castañas na festa do Samaín celebrada o pasado sábado en Ares
12 Novembro 2007 11:56
Grande éxito. Así definíu a concelleira de Cultura, a socialista Ana Fernández Coira, a festa do Samaín celebrada na tarde do pasado sábado en Ares e que congregou a varios centenares de persoas no parque Rosalía. Durante o magosto, o Concello repartiu 300 kilos de castañas entre os asistentes, ademais de refrescos, auga e viño, así como unha queimada que serviu para poñer o fin de festa.
A actividade, organizada polo Concello de Ares en colaboración coa Asociación O Tilo e a Banda de Gaitas local, contou coa participación da responsable do área, que se dirixíu aos presentes ao inicio e remate da mesma, e coa presentación e actuación do actor e contacontos Goldi.
Na festa tamén se fallaron e entregaron os premios dos diferentes concursos organizados para a ocasión. No caso de “Ares, de medo”, na primeira categoría, para nenos ata 10 anos, o gañador do DVD portátil foi Nayma Fernández Pereira, por “A casa encantada”, mentres que os MP4 foron para Sergio Rodríguez Martínez”, por “La noche de las calabazas”, e Antonio Perero González, por “Noche de pánico”. Na categoría de 11 a 16 anos, o primeiro premio recaeu en Rocío Portela Carballeira, por “A cabaza encantada”, sendo os finalistas Sara Doval Durán, por “O neno ten medo”, e Ezra Vázquez Monzón, por “Una noche muy peculiar”.
No “Ares, qué rico”, o certame de receitas de cociña, a fin de semana nunha casa de turismo rural para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo foi para María Pilar García Calvo, polo prato Delicias de castaña. As finalistas, que poderán disfrutar dunha cea con acompañante nun restaurante, a elixir, do municipio de Ares, foron Remedios García, que presentou un Caldo de castañas, e María Eugenia Margaretto Rodríguez, con Puding de castañas.
Estes pratos non só foron degustados polos membros do xurado, senón que todos os asistentes tiveron a oportunidade de probar as nove receitas que se presentaron a este orixinal concurso.
Outro dos premios que se outorgaron na festa do Samaín de Ares foi á mellor cabaza. Julia López recibiu un completo lote de produtos do Nadal por ser a autora da cabaza máis valorada das arredor de 170 que concurriron.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares