Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 14 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno da o visto bo ao prego para a contratación do servizo de recollida de lixo no municipio, que engade a limpeza viaria e de praias durante o verán
25 Febreiro 2010 11:16
O pleno da corporación, na sesión ordinaria de fin de mes celebrada esta mañá, aprobou, cos votos favorables do equipo de goberno (PSOE), NAL e o concelleiro non adscrito a grupo municipal, o prego para a contratación do servizo de recollida de lixo no municipio. Como destacou o alcalde, Julio Iglesias, na súa intervención, a principal novidade atópase na ampliación dos servizos que se prestarán a partires de agora, xa que dito prego engade entre as obrigas da empresa concesionaria a limpeza viaria e das praias durante os meses de verán.
Con respecto a este último punto, Iglesias explicou que os traballadores da empresa adxudicataria encargaranse do mantemento dos areais os luns, mércores e venres, mentres que ao Concello corresponderalle os martes, xoves, e fins de semana. Deste xeito, as praias, moi concurridas ao longo dos meses estivais, estarán limpas e antendidas durante todos os días da semana. En canto á limpeza viaria, a asunción deste servizo por parte da empresa que resulte adxudicataria redundará nunha mellora no traballo que desenvolven os operarios do taller municipal, posto que os seus empregados poderán estar “volcados integramente” nas obras que promove o Concello, que son moitas, moi necesarias e a míudo urxentes.
En canto ao importe de licitación, ascende a 210.000 euros por ano; unha cantidade que, segundo indicou o alcalde, responde á realización dun estudo comparativo con outros municipios similares. Iglesias asegurou que se trata dun prego “ambicioso” e que responde a unha “coherencia xenérica, coa que se intenta pagar o menos posible recibindo os maiores servizos”. En todo caso, insistíu, a contía do mesmo está contrastada con concellos da zona. O período de vixencia da concesión é de quince anos.
Tamén na sesión de hoxe deuse o visto boa o convenio entre Xunta (Consellería de Traballo e Benestar) e o Concello para a apertura da escola infantil de Granxares. En virtude deste acordo, que é idéntico ao que se está a levar aos plenos dos municipios que teñen estes centros públicos. Neste acordo, que recibíu o apoio unánime dos membros da corporación, establécese a obriga do Concello de Ares de asumir o 30% dos gastos, que se corresponden con certos servizos como os exteriores (xardín e zona de xogos), limpeza, seguridade e vixilancia das instalacións.
A este respecto, Julio Iglesias explicou que as previsións son duns gastos totais, coas 61 prazas cubertas –na actualidade non o están- de 329.400 euros, o que significa que, en ningún dos casos, a cantidade a aportar pola administración local superará os 98.820 euros ao ano. Aínda así, o máis problable é que non se acade dita contía, xa que o número de nenos e nenas matriculados é, a día de hoxe, inferior.
O alcalde incidiu en que, unha vez solventados todos os trámites, a escola infantil poderá abrir as súas portas neste primeiro trimestre de ano. No que se refire ao centro de día, o rexedor socialista indicou que as obras non se iniciaron ao mesmo tempo e que na actualidade, os traballos do centro de Mariña do Pombal están a piques de rematar, polo que as previsións pasan por que poida abrir as súas portas no mes de xuño. Como no caso anterior, tamén haberá que aprobar un convenio de xestión, que, ao contrario que ocorre coa escola infantil, podería ser indirecta.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares