Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 22 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Costa Noroeste presentou en Ares as súas liñas de traballo aos axentes de desenvolvemento local
04 Marzo 2010 15:15
A xerente de Costa Noroeste, Natividad González Laso, participou esta mañá na primeira xornada informativa dirixida a axentes de desenvolvemento local das entidades públicas e privadas integrantes nesta entidade da comarca de Ferrolterra –onte tivo lugar unha iniciativa similar para os municipios do Ortegal-. González Laso estivo acompañada pola concelleira socialista Victoria Montenegro, que presidíu este acto celebrado no salón de actos da Alianza Aresana ás 11.30 horas.
Unha ducia de axentes pertencentes aos concellos de Ferrolterra e de técnicos de desenvolvemento de entidades públicas e privadas desta comarca acudiron a esta cita, na que a xerente de Costa Noroeste explicou as principais liñas de actuación da asociación, encargada de xestionar as axudas do programa Leader. Como subliñou González Laso, un total de 90.255 cidadáns do entorno rural –no caso de Ares, son 1.891 veciños e veciñas- poderán beneficiarse das axudas de dito programa, que abarca o período 2007-2013. A este respecto, a xerente incidíu no feito de que este ano é precisamente o de maior financiamento, xa que se disporá dos fondos que non se investiron en exercicios anteriores –hai que reseñar que Costa Noroeste comezou a funcionar o pasado 13 de xaneiro-, é dicir, de 1,3 millóns de euros. En total, as axudas para todo o período ascenden a 3.599.960,21 euros.
En canto á presentación de solicitudes, éstas poderán entregarse ata o 1 de setembro de 2013, estando xa aberto o prazo dende o 25 de febreiro.
Natividad González Laso pedíu a colaboración dos axentes de desenvolvemento local públicos e privados para levar a cabo esta tarefa, xa que, como dixo, “queremos traballar coas redes que xa hai”. “A vosa tarefa fundamental é desenvolver o territorio”, manifestou González Laso, que engadíu que “entre todos, temos que ser capaces de que os proxectos se fixen nos nosos concellos e que non saian de aquí”.
Baixo esta perspectiva, a xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa Noroeste deu conta das liñas de actuación da entidade, a tipoloxía e accións susceptibles de recibir axudas e, en definitiva, de todos os aspectos necesarios para que os axentes de desenvolvemento local poidan asesorar aos promotores e aos propios Concellos á hora de plantexar as súas propostas.
O equipo de Costa Noroeste desprazado a Ares, que agradeceu ao Concello a súa colaboración para a realización desta xornada informativa e a cesión do salón de actos da Alianza, deu a coñecer a súa páxina web –www.costanoroeste.org- e entregou a todos os asistentes un tríptico que vén de ser editado pola entidade e que informa do funcionamento do GDR, o número 31 dos beneficiarios do Leader Galicia 2007-2013.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares