Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 14 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello celebra hoxe o 106 aniversario da Alianza Aresana cunha conferencia de Ernesto López Naveiras
18 Marzo 2010 14:24
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, celebra hoxe o 106 aniversario da Alianza Aresana, un dos referentes da emigración, educación e a arquitectura indianas neste municipio –foron os aresáns emigrados a Cuba os que, cos seus cartos, garantiron dende 1904 a educación de moitos veciños da vila, grazas á construcción e posta en marcha deste inmoble, que funcionou durante moitos anos como escola-. “La fundación de la Alianza Aresana” é o nome da conferencia que se desenvolverá ás 20.00 horas e que será impartida polo experto na historia e patrimonio deste concello Ernesto López Naveiras. O aniversario cúmprese mañá, se ben a área que dirixe Ana Fernández Coira elixiu celebralo nesta xornada pola coincidencia desta efemérides cos vindeiros días festivos.
Este asunto foi presentado esta mañá polo grupo de goberno á oposición no marco da Comisión informativa de Cultura, Educación, Medio Ambiente, Comercio, Industria e Turismo, na que tamén se deu conta do Programa de Transporte Escolar Compartido de Galicia “Tes+Bus”. Trátase dun proxecto conxunto da Consellería de Medio Ambiente e da de Educación que ten como obxectivo o da promoción do transporte público colectivo en zonas rurais, e que consiste na utilización mixta dos servizos de transporte escolar público. Deste xeito, facilítase os desprazamentos da poboación de zonas con escasos servizos de transporte público para, aproveitando o percorrido dos autobuses escolares, os habitantes deste lugares polos que éstes discorren poidan acceder ás cabeceiras dos concellos.
O Concello de Ares reiterou a solicitude á Xunta cursada xa en dúas ocasións anteriores –abril e setembro do pasado ano- para poder contar con este servizo durante o curso escolar e dar a opción ás persoas que residen nas parroquias rurais do Concello –Cervás e Caamouco-, que non dispoñen de liñas regulares de transporte, de utilizar o bus escolar nos seus desprazamentos cotiás. Como se indica na solicitude, a posta en marcha deste servizo é moi necesario, xa que o centro urbán de Ares, onde se ubica o colexio público, é o epicentro no que se localizan o centro de saúde, farmacias, bancos, oficinas nas que se xestionan servizos varios así como o Consistorio. En definitiva, lugares aos que os veciños acuden cada día a facer xestións e para os que non contan cun servizo de transporte público.

COMPRA DE LIBROS PARA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Outro asunto que se abordou na comisión desta mañá foi o relativo á proposta da Concellaría de Cultura de adquirir libros para a biblioteca municipal, co que se mantería un fondo bibliográfico actualizado e dinámico. Nesta iniciativa, os usuarios terán un papel fundamental, xa que serán eles os que elixan os títulos a mercar. Deste xeito, porase a disposición dos usuarios un espazo na biblioteca no que os lectores das distintas idades (infantil-xuvenil e adultos) poidan decidir cáles son as súas preferencias na compra de materiais, realizando o Concello cada mes unha selección dos títulos máis votados. En total, mercaranse dous libros cada mes, un por categoría, polo que cada ano o fondo, sen descuidar os recursos económicos cos que conta a propia Concellaría, verase incrementado en doce títulos no apartado infantil-xuvenil e outros tanto no de adultos.

OBRADOIROS DE PASCUA

Co gallo da Semana Santa, a Concellaría de Cultura organiza unha serie de obradoiros dirixidos principalmente a nenos e nenas de cinco anos en adiante, que se desenvolverán os días 30 e 31 de marzo na biblioteca municipal (Alianza Aresana), entre as cinco e as sete da tarde.
A actividade de ditos obradoiros, dos que se informou á oposición na comisión, estará dividida en dúas partes; unha primeira de xogos, presentación e colaboación e outra na que os rapaces elaborarán unha serie de figuras alusivas á Pascua con pasta de sal.

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS CULTURAIS

Finalmente, na comisión deuse conta da convocatoria para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro do Concello correspondente ao presente exercicio 2010. Estas axudas van dirixidas a institucións que promovan o fomento da cultura, o deporte e os intereses xerais ou sectoriais dos veciños e veciñas de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares