Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 24 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitación Electrónica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde ofrécese a recibir aos propietarios das vivendas paralizadas por incumprir o Plan Xeral
06 Novembro 2007 12:40
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, fai un chamamento aos propietarios das vivendas do inmoble da avenida do Mazote paralizado dende o pasado mes de setembro, para que acudan á Casa Consistorial e se informen dos seus dereitos na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC). Ademais, o rexedor socialista subliñou o seu interese por manter un encontro con estes cidadáns co obxectivo de explicar o contido e as razóns da decisión do goberno local de parar a obra, case rematada.
O edificio, da promotora Domínguez, Gómez y Otro –Grupo Jofer-, é o único dos paralizados ou precintados polo Concello no que vai de mandato que aínda mantén unha situación irregular e, polo tanto, sobre as obras segue vixente a orde de paralización. Como se recordará, a constructora excedeuse en case cinco metros o límite establecido polo Plan Xeral de Ordenación Municipal na fachada, fixado nun máximo de 60 metros.
En total, o número de vivendas que se contemplaba no proxecto é de 71, polo que no caso de que se venderan a totalidade dos pisos, son outras tantas familias as afectadas.

INFORME DA OMIC

Precisamente a OMIC de Ares vén de elaborar un informe solicitado polo propio alcalde no que se especifican os dereitos dos cidadáns na compraventa. Así, no caso de contrato sen obriga de entrega en prazo determinado (sen cláusula moratoria), os máis frecuentes, é de aplicación o principio xeral de que o vendedor deberá indemnizar ao comprador por tódolos danos e perxuizos que se lle causen como consecuencia do incumprimento do prazo estipulado. Iso si, para que os Tribunais recoñezan o dereito a cobrar unha indemnización polo retraso producido na entrega da vivenda será necesario acreditar os danos.
Se o contrato de compraventa non ten regulada a obriga de entrega do vendedor no prazo contractual, a xurisprudencia di que non pode afirmarse que a entrega dentro dun período determinado sexa un elemento esencial. Agora ben, aínda que non exista un prazo de entrega convenido por escrito, podería deducirse do contrato a existencia dun compromiso pactado verbalmente, e polo tanto, poderase solicitar unha indemnización polos danos e perxuizos causados polo retraso.
Os tribunais teñen considerado indemnizables os gastos ocasionados polo aluguer doutras vivendas, xustificados co contrato de arrendamento e os recibos ou estractos bancarios acreditativos do pago da renda mensual; o gasto de mudanza, presentando factura; o de gardamobles, tamén acreditado coa factura pertinente; e os intereses legais do diñeiro representativo da parte do prezo que se pagou, posto que non é xusto que o vendedor quede con eles.
Segundo o informe da OMIC, o retraso culpable e imputable ao constructor debe ser entendido como caso de incumprimento da obriga, de xeito que quedan excluidos os supostos de caso fortuito e de forza maior. Aínda así, os tribunais non admiten moitas excusas aos vendedores e, de feito, a maioría son consideradas circunstancias que teñen que ser asumidas polos mesmos. A este respecto, cuestións como o incumprimento dalgunha subcontrata respecto ao constructor ou a demora do Concello en conceder calquera tipo de licenza ou autorización administrativa non son considerados pola Xustiza como excusa suficiente para exonerar de responsabilidade aos constructores.
No documento da Oficina Municipal de Información ao Consumidor tamén se informa dos dereitos no caso do contrato de compraventa de vivenda con obriga de entrega regulada no mesmo (cláusula penal moratoria). Neste suposto contémplase que se o retraso na entrega pactada frustra o interese do comprador, pode acudirse incluso á resolución do contrato, a non ser que se opte pola aplicación da penalización económica pactada (se está especificada, tan só poderase esixir dita cantidade). Estes contratos recollen xeralmente dúas opcións: a de esixir o cumprimento das penalidades derivadas do incumprimento do contrato ou desistir do contrato de compraventa polo incumprimento do pactado.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares