Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 24 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A comisión de Urbanismo da o visto bo ao proxecto de renovación de servizos en catro rúas da vila
07 Novembro 2007 12:42
A Comisión de Urbanismo, celebrada esta mañá, dictaminou favorablemente e por unanimidade o proxecto e o orzamento de renovación de servizos de abastecemento e saneamento nas rúas Concepción Arenal, Benito Vicetto, San Antonio e San Simón. Esta actuación, que deberá ser agora ratificada polo pleno da corporación, remitirase á Deputación Provincial para que se execute con cargo ao Plan de Obras e Servizos da institución provincial correspondente a 2008.
A intervención aprobada hoxe consiste na creación dunha liña separativa de fecais e pluviais, inexistentes na actualidade, a renovación das fecais, e a reposición das liñas de abastecemento de auga das vivendas das catro rúas anteriormente mencionadas.
O orzamento total de licitación ronda os 148.000 euros, dos que 135.420,03 serán aportados pola Deputación. O restante, que excederá o 5% mínimo que aportan as administracións locais a estas obras con subvención provincial, será desembolsado polo Concello de Ares.
Tamén se deu o visto bo á elaboración dun proxecto complentario relativo á dotación destes mesmos servizos no tramo da rúa San Simón que non se inclúe no anterior plan. Dito proxecto, como o outro, será remitido á Deputación para que se poida levar a cabo no caso de que existan baixas na licitación das diferentes obras do POS do vindeiro ano.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, destacou a importancia que teñen este tipo de actuacións, polas que se están dotando ás diferentes zonas do municipio dunha serie de servizos que en moitos lugares aínda non existen ou non se atopan en bo estado.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares