Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde insta á Xunta a executar dun xeito inmediato a ampliación do centro de saúde de Ares
06 Abril 2010 17:08
O alcalde, Julio Iglesias, e a parlamentaria socialista Beatriz Sestayo realizaron esta mañá unha visita ao centro de saúde co obxectivo de manter unha reunión cos profesionais que traballan no mesmo e, deste xeito, dar conta da situación na que se atopa a ampliación das actuais instalacións. Ao remate do encontro, os dous responsables políticos compareceron en rolda de prensa, na que a deputada anunciou a presentación dunha pregunta oral, outra escrita e unha proposición non de lei “plantexando a necesidade de que o centro de saúde se constrúa de inmediato e que sexa público”, segundo dixo. “Veremos a resposta do grupo popular, se boicotea unha vez máis a sanidade pública a pesares das facilidades dadas por este Goberno municipal, tanto na posta a disposición dos terreos como dun centro povisional, o antigo Consistorio, para acoller os servizos sanitarios mentres se desenvolvan as obras”, manifestou Sestayo, que engadíu que “non se pode xogar cun servizo público e cun dereito fundamental; non se pode facer da sanidade un negocio”.
Precisamente a iniciativa será abordada mañá mércores en comisión e defendida pola propia deputada socialista. Como subliñou, “preocupámos por un tema crucial para o PSOE e para este municipio, que segue crecendo e dispón duns servizos sanitarios claramente insuficientes”. “O anterior Goberno bipartito tiña un proxecto aprobado e unha partida orzamentada, que o PP paralizou”, dixo a parlamentaria, ao tempo que indicou que “a única alternativa que ve agora o Goberno popular é a privada”.
Nestes mesmos termos falou o alcalde de Ares, que lembrou que despois de sete anos de demanda de ampliación do centro de saúde, o ano pasado, con anterioridade ás eleccións, quedou un proxecto aprobado e unha partida para adecuar as instalacións do antigo Consistorio e acoller, así, estes servizos durante as obras. “Pero houbo un cambio de Goberno que mudou todas as pautas”, asegurou o rexedor, que informou de que a Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas enviou un requerimento ao Concello dicindo que a posta a disposición dos terreos anexos ao actual inmoble, aprobada en pleno en 2007, non sirve, senón que agora ten que ser unha cesión.
¿E por que este cambio? Pois, segundo o alcalde socialista, “porque a fórmula adoptada polo Goberno do PP xa non é a do financiamento público, senón que é un novo modelo con investimento privado”, polo que a empresa que explote os servizos terá que dispor da propiedade dos terreos e non que éstes sexan municipais.
Pero é que, ademais, o cambio de goberno tamén supuxo, por unha banda, a retirada da partida para o antigo Consistorio e, por outra, a anulación do anterior proxecto. “Unha das principais razóns do retraso da obra é que o proxecto non lles gustaba, pero o certo é que levamos un ano e aínda non vimos o novo proxecto”, afirmou Iglesias, que engadíu que “a Xunta pídenos a cesión da parcela, pero ese proxecto non se deu a coñecer nin á administración municipal nin aos profesionais do centro, cuxa opinión é fundamental”.
“Hai sombras, inquedanzas”, manifestou o alcalde, que asegurou que nestes meses “só recibimos xiros, xiros e xiros”. Para clarificar toda esta situación, o goberno local recurríu á deputada socialista, agardando dos “populares”, a través destas iniciativas parlamentarias, un pronunciamento definitivo ao respecto e para coñecer as razóns polas que non sirve o proxecto anterior nin a posta a disposición dos terreos de 2007, así como para saber se hai xa un proxecto e se éste satisface as necesidades dos veciños e veciñas de Ares.
“A excusa de que o proxecto non gustaba non é certa, xa que o ano pasado estaba arranxado con financiamento público ao 100%, senón que o que van cambiar é o modelo”, insistíu Iglesias, para o que o mantemento do carácter público da sanidade é prioritario. Aínda que o obxectivo e ese, en último caso, por responsabilidade política e pola necesidade de que Ares dispoña dun novo centro de saúde, o seu goberno non boicoteará a construcción das instalacións. Neste eido, destacou que “a responsabilidade a ten o Goberno da Xunta, non nós, polo que, se co tempo xurden problemas, terán asumir as consecuencias”.
Na actualidade, o centro de saúde está a sufrir constantes problemas de masificación, xa que se trata dun edificio construido hai máis de vinte anos, período no que este municipio incrementou notablemente o seu padrón. Os problemas non afectan unicamente ao número de servizos que se prestan, que son claramente insuficientes, senón au número de facultativos, xa que atendendo ao número de habitantes, o centro de saúde debería contar cun médico e un enfermeiro máis dos que actualmente están a traballar no mesmo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares