Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde acusa ao PP de abandonar aos veciños de Ares por rexeitar a construcción do centro de saúde
08 Abril 2010 15:59
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, asegurou esta mañá, ante o rexeitamento do Partido Popular á iniciativa parlamentaria presentada pola deputada socialista Beatriz Sestayo reclamando a execución urxente e neste exercicio da ampliación do centro de saúde, que o PP está a abandonar aos veciños e veciñas de Ares. “Para o Goberno da Xunta, os aresáns son cidadáns de segunda”, manifestou Iglesias, que subliñou que a votación dos populares constitúe un “feito moi grave e sen precedentes”.
Así as cousas, o rexedor socialista referiuse ao feito de que o Plan Funcional da Área Sanitaria de Ferrol cualificase esta actuación como de “máxima necesidade”, o que respalda esta reivindicación do conxunto da cidadanía, ao tempo que incidíu nas facilidades da administración local coa autonómica á hora tanto de poñer a disposición do Sergas os terreos anexos ao actual inmoble, aprobada en pleno en setembro de 2007, como de deixar o antigo Consistorio e incluso realizar actuacións de adecuación para acoller o centro de saúde provisionalmente mentres se executen os traballos. Precisamente éstes foron algúns dos argumentos esgrimidos por Sestayo na defensa da súa iniciativa, que destacou tamén o feito de que o PP rebaixou nun 80% os recursos que adicaba o anterior Goberno bipartito para a Área sanitaria de Ferrol.

ACTUACIÓN SOLUCIONADA CO ANTERIOR GOBERNO BIPARTITO

Iglesias lembrou, así mesmo, que a ampliación do centro de saúde estaba solucionada con anterioridade ás eleccións autonómicas de marzo de 2009, coa aprobación do proxecto redactado durante o mandato anterior dos socialistas e a consignación dunha partida de 60.000 euros para a adecuación da antiga casa do concello. Agora, e tendo en conta o resultado da votación de onte en Santiago, “vemos con grande preocupación o futuro desta actuación, pois despois dun ano de retrasos baixo a excusa de que o proxecto non lles gustaba, agora, e sen entregar ni nao Concello nin aos profesionais que traballan no centro, recoñecen públicamente que non teñen ningunha intención de axilizar os trámites e priorizar a posta en marcha dunha intervención que afecta nada máis e nada menos que á sanidade, un dos principais dereitos fundamentais de calquera persoa”, dixo o alcalde.
O rexedor afirmou que o seu grupo non se vai quedar de brazos cruzados e, a este respecto, anunciou que se levarán a cabo diversas accións encamiñadas a esixir que a Consellería de Sanidade dea marcha atrás e cumpra cos compromisos adquiridos polo anterior Executivo do bipartito, que resolvera, con financiamento público ao 100% -aspecto tamén destacado polos socialistas-, a ampliación dun centro de saúde que ten xa máis de vinte anos e que non conta nin cos medios humanos –falta, polo menos, un médico e un enfermeiro- nin materiais –servizos claramente insuficientes e masificación dos existentes- necesarios para atender a unha poboación que “merece o mesmo trato que o resto de habitantes de Galicia”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares