Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello celebra o Día do Libro con diversas actividades que se desenvolverán entre o 23 e o 28 deste mes
16 Abril 2010 15:55
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza a “Semana do libro”, que se desenvolverá entre o día 23 e o 28 co gallo da celebración –na xornada do 23- do Día do Libro. Os actos comezarán o vindeiro venres coa actividade “Contos de avós”, dirixida a nen@s de catro a once anos. Trátase dunha iniciativa que comezará ás 17.00 horas e que terá como escenario, como o resto de actividades programadas baixo esta temática, na Alianza Aresana –o horario tamén é similar para todas as xornadas deste programa-. O seu obxectivo non é outro que o de facer chegar aos máis pequenos as historias tradicionais e contos que os avós escoitaron cando eran pequenos. De feito, os protagonistas deste orixinal contacontos serán os maiores do municipio, acadando non só a potenciación da lectura, senón que tamén se achegará o legado literario trasmitido de xeito aoral de xeración en xeración.
A continuación, terá lugar un obradoiro de xogos, no que se desenvolverán as actividades “Xogamos cos títulos”, “Xogos de si e de non” e “Outros finais”, entre outras, para rematar a xornada coa entrega dun agasallo a cada rapaz participante.
Xa o luns 26, e dirixido a nen@s de catro anos en adiante, terá lugar un obradoiro de marcapáxinas e unha actividade de creación plástica consistente na realización, por parte dos nenos, dunha viñeta a partires da historia que se lles contará.
“Xogando cos libros” é o título da derradeira actividade que se celebrará nesta Semana do Libro. Este obradoiro, previsto para o mércores 28, ten como obxectivo o de xogar coas posibilidades lúdicas e os recursos creativos dos libros, despertar o seu interese polas diferentes temáticas, fomentar o respecto por outras opinións e acostumar aos rapaces –a partires dos catro anos- a plantexar as súas opinións.
Vencellado con esta temática, hai que subliñar que na comisión deuse conta á oposición dos libros mercados para a biblioteca empregando o novo sistema de consulta aos usuarios desta dependencia municipal. Así as cousas, foron “En el reino de la fantasía de Gerónimo Stilton”, na categoría Infantil, e “El símbolo perdido”, de Dan Brown, na de Adultos, os títulos elixidos deste mes e que xa forman parte da colección da biblioteca.
Por outra banda, o equipo de goberno informou á oposición da vindeira celebración dun curso sobre o cambio climático, promovido pola Consellería de Medio Ambiente, que se desenvolverá o 29 deste mes, e dos cursos de condución eficiente, neste caso promovidos polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, que terán lugar o 28.




CESTERÍA: PASADO E PRESENTE

A Alianza Aresana acolle dende onte e ata o vindeiro mércores, 21 de abril, no seu horario habitual de apertura, unha exposición fotográfica de cestería tradicional e contemporánea do norte de España e suroeste de Inglaterra, organizada pola entidade inglesa “Basketry and beyond” (cestería e máis aló) coa colaboración do Concello de Ares.
“Cestería: pasado e presente” é o título desta mostra, na que os seus responsables están a recabar información sobre a cestería de Galicia e, especialmente, da zona de Ares. A este respecto, faise un chamamento á cidadanía para que, no caso de que teña cestas de pesca, agricultura, familia ou para calquera outro uso, sen importancia do seu estado, as achegue para facerlles unhas fotografías, de xeito que os seus patróns e técnicas non se perdan para sempre. Estas persoas estarán na Alianza o luns e o mércores.
Deste tema tamén se deu conta esta mañá na comisión de Cultura.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares