Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Deixan desertos varios dos premios do concurso de fotografía "Alianza Aresana" por incumprir as bases
24 Octubre 2007 10:11
O xurado do concurso de fotografía “Alianza Aresana”, integrado por fotógrafos profesionais e pola concelleira de Cultura, Ana Fernández, decidíu deixar desertos algúns dos premios, xa que as mellores fotografías presentadas ao longo destes cinco meses estaban retocadas, incumprindo as bases.
Así, o primeiro e segundo premio da modalidade “Ares, o seu contorno, as súas festas e as súas xentes” non terán gañador, mentres que tamén quedou deserto o primeiro premio da categoría de “Traballo”. Pola contra, nesta modalidade o segundo premio, consistente en 300 euros, é para Monda (case todos os participantes concurriron con seudónimo), pola fotografía “Arte do trapo”.
En canto ao galardón outorgado polo xurado popular –formado por dez persoas elixidas ao azar-, o premio para a primeira modalidade (a de Ares) é para Blue, por “Mirandas Ares”, e para Ailuj, por “Juglar”, na de “Traballo”. Estes fotógrafos recibirán 150 euros cada un.

PREMIOS MENSUAIS

Ademais dos premios finais, o certame tamén inclúe un galardón de 60 euros para as imaxes gañadoras entre as presentadas cada mes. Deste modo, o xurado concedeu este premio en maio –entregáronse 29 fotos- a Lafargue por “El modisto”; a Nadin, por “Naturaleza multicolor”, en xuño –houbo 25 imaxes novas-; a Monda, por “Arte do trapo”, en xullo –presentáronse 34 fotografías-; a Oreo, por “Labradores del mar”, no mes de agosto -29 imaxes-; e a 54, por “O soldador”, no mes de setembro –remitíronse 88 fotos-, no apartado de “Traballo”. En canto á categoría relativa ás fotos de Ares, o xurado deixou deserto o concurso nos meses de maio, xuño e xullo, e concedeu o galardón a Alexos en agosto, por “En la sacristía”, e a Figo, por “Monólogo do vello”, en setembro.
O Concello fixará proximamente a data de entrega dos premios, e tamén en vindeiras datas as imaxes gañadoras estarán colgadas na web institucional, nestes momentos en proceso de renovación.
O concurso “Alianza Aresana”, que naceu en 2004 como homenaxe aos aresáns que emigraron a Cuba a fundaron en 1904 a Alianza Aresana de Instrucción, ten un grande prestixio, e boa proba disto é que a esta edición presentáronse máis de 200 imaxes procedentes de diversos países do mundo. Esta circunstancia, sumada ao feito de que a maior parte dos fotógrafos empregan programas informáticos no tratamento das súas fotos, podería levar ao goberno local a modificar no futuro as bases do certame, que prohíbe que as imaxes que concurran ao concurso estean retocadas dixitalmente.
Isto foi precisamente o que aconteceu este ano, no que, segundo explicou a concelleira, Ana Fernández Coira, as mellores imaxes –destacou o elevado nivel das fotografías- estaban retocadas, o que levou ao xurado a declarar desertos a maioría dos premios.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares