Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Deputación encarga os proxectos para facer sendas peonís entre Ares e Chanteiro e Ares e Redes
22 Octubre 2007 10:30
A Deputación Provincial encargará aos técnicos desta institución a redacción de dous proxectos para a execución doutras tantas sendas peonís; a primeira, na estrada que une Ares con Chanteiro e, a segunda, na de Ares-Redes. Este foi un dos compromisos que acadou o alcalde deste municipio, Julio Iglesias, na reunión que mantivo esta mañá co presidente coruñés, Salvador Fernández Moreda.
Segundo explicou o rexedor socialista ao remate do encontro, no proxecto definiranse os trazados das sendas e o orzamento necesario para a súa realización. Neste sentido, cabe subliñar que as previsións da Deputación pasan por destinar unha partida orzamentaria para a primeira actuación –a de Chanteiro- o vindeiro ano 2008, mentres que a segunda contaría con financiación en 2009.
O que non está definido con exactitude é o prazo no que as sendas estarán rematadas, xa que, como ocorre nos diferentes municipios da provincia que contan ou van ter estes camiños, o trazado suporá a cesión dunha pequena parte de terreo por parte dos veciños afectados polo mesmo, polo que no caso de non se chegase a un acordo, teríase que pasar á expropiación –o que, loxicamente, ralentizaría as intervencións programadas-. Como dixo Iglesias, o obxectivo é que as dúas sendas estean finalizadas neste mandato.

CAMPO DE FÚTBOL

Outro dos temas que os dous responsables políticos abordaron na reunión de hoxe foi o da obra complementaria do campo de fútbol de Prados Vellos, consistente na instalación de postes e de luminarias para garantir que os equipos locais poidan xogar durante todo o ano polas tardes. A este respecto, o alcalde de Ares manifestou a súa satisfacción polo compromiso de Salvador Fernández Moreda, que asegurou que a Deputación fará unha aportación económica a dita intervención.
Ademais, hai que lembrar que o pleno da corporación aprobou recentemente unha moción do PSOE que pedía a implicación das diferentes administracións para facer fronte a estas obras, necesarias para que a instalación deportiva municipal funcione ao 100%. Así, o rexedor socialista está pendente de que a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, poña a data para unha reunión, que xa solicitou o pasado 4 de outubro e da que aínda non obtivo resposta, para falar deste tema, entre outros.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares