Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 23 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O grupo de goberno cualifica como "sarta de mentiras" un panfleto do BNG sobre o POL
01 Octubre 2010 09:49
O grupo de goberno cualifica como “sarta de mentiras” e “burda manipulación” o panfleto que o BNG de Ares está a repartir estes días entre os veciños e veciñas do municipio criticando aos responsables municipais polo Plan de Ordenación do Litoral (POL), da Xunta. Ademais de considerar “ilóxico” e “incoherente”, agás que obedeza a razóns electorais, que os ataques vaian dirixidos ao goberno municipal, cando os promotores e responsables en todo momento da tramitación e futura aprobación do POL é o Executivo autonómico, o equipo de goberno de Ares afirma que o escrito da organización nacionalista está cheo de mentiras.
Así as cousas, o alcalde lembra que o POL foi, dende un primeiro momento rexeitado polo pleno da corporación aresana, ao tempo que subliña que el mesmo xestionou unha reunión –xa celebrada- entre os voceiros dos grupos municipais e o director xeral de Sostenibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, na que se abordaron as discrepancias e posibles solucións aos problemas plantexados dende as formacións políticas con representación no Concello. E lonxe de deixar esta cuestión aparcada e paralizada, o rexedor socialista mantivo un segundo encontro, esta vez acompañado polos técnicos municipais, para tratar de concretar as cuestións abordadas na primeira das reunións.
Ademais, os responsables locais aseguran que ninguén impide que o BNG presente as alegacións que estime pertinentes como o fixo Concello, a instancias do propio equipo de goberno. Estas reclamacións xa foron rexistradas na Xunta.
Polo tanto, é evidente e perfectamente demostrable que o alcalde de Ares, lonxe de manter unha “sospeitosa actitude de conformismo e deixación”, como afirma o BNG no seu panfleto, traballou a reo e en colaboración co resto de formacións políticas –incluida a nacionalista- para modificar un documento que non comparte dende o seu inicio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares