Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local lembra que as novas luces aforrarán ás arcas municipais un 55% no consumo enerxético
11 Octubre 2010 10:17
O grupo de goberno de Ares, ante as acusacións do PP sobre a instalación dos novos puntos de luz, lembran que os leds instalados con cargo ao Plan E do Estado –é dicir, sen gastar un só euro das arcas municipais- suporán un aforro enerxético do 55%. E é que os novos puntos de luz, que non só están colocados no parque Rosalía, senón na entrada ao municipio, no mosteiro de Santa Catalina e o seu entorno, son de baixo consumo, polo que “a actuación revertirá positivamente no Concello, que grazas ao Goberno do Estado, aforrará unha cantidade considerable de cartos que, polo tanto, os poderá investir noutras intervencións que, doutro xeito e ante a situación de profunda crise económica na que nos atopamos, non tería a capacidade suficiente para facelo”.
A xuízo do equipo que dirixe o socialista Julio Iglesias, o Plan E está sendo de suma importancia para Ares, xa que os fondos destinados á administracións local foron clave para dar emprego a parados do municipio, ademais de permitir levar a cabo actuacións do calado da rehabilitación da Casa do Patín, da que será sede de Servizos Sociais, da primeira fase da cidade deportiva ou do centro de recuperación da piscina, entre outras como o asfaltado de camiños.
Así mesmo, o equipo de goberno cualifica como “absurda” a acusación de despilfarro feita polo PP, xa que, ademais, as farolas instaladas anteriormente serán colocadas noutros puntos do municipio que teñan problemas de alumeado.
O aforro enerxético é unha das máximas dos actuais responsables locais, que pretende, na medida das súas posibilidades, seguir potenciando este tipo de alumeado que non só ten repercusións positivas para as arcas municipais, senón que tamén contribúen á preservación do medio ambiente; extremo que, polo que deixa claro o Partido Popular coas súas críticas e posicionamentos, non lle preocupa o máis mínimo.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares