Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Cultura organiza o día 6 de novembro o Magosto do Samaín no parque Rosalía de Castro
15 Octubre 2010 13:17
A Concellaría de Cultura, que preside Ana Fernández Coira, organiza un ano máis, é xa van catro, o magosto do Samaín. A festa, dirixida a nenos e maiores, terá lugar o día 6 de novembro no parque municipal Rosalía de Castro (se chove, trasladarase ao patio do CPI Conde de Fenosa). Deste asunto deu conta o equipo de goberno ao resto de grupos municipais no marco da Comisión de Cultura celebrada esta mesma mañá.
A Asociación Cultural O Tilo, que vén colaborando co Concello nesta e outras actividades, realizará un desfile de carrozas, que sairá do local da entidade ás catro da tarde. Coa chegada das carrozas ao parque, prevista para as 17.30, dará comezo o Magosto do Samaín, que continuará co concurso de contos “Ares de Medo” –lectura das obras presentadas e entrega de agasallos- e coa actuación da compañía “Fantasía animación”.
Sobre as sete terá lugar a degustación de castañas e liscos –os prezos son populares, fixándose un euro polas castañas e bebida e dous euros polos liscos e a bebida- para, media hora máis tarde, proceder ao fallo e entrega de agasallos do concurso de “Cabazas disfrazadas” infantil e de adultos –a inscripción para participar nesta iniciativa estará aberto o mesmo día do magosto entre as 17.00 e as 18.30 horas-.
A festa rematará en torno ás oito da tarde, con outro desfile de carrozas pola vila.
Coincidindo coa celebración da comisión informativa, deuse por aberto o prazo de inscripción para o concurso de contos “Ares, de medo”. Segundo consta nas bases, haberá dúas categorías: para nenos e nenas de ata dez anos, e outra para rapaces de once a dezaséis, que poderán apuntarse ata o día 29 na biblioteca, na Alianza Aresana, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas.
As historias, que deberán ser de medo ou misterio acordes do tempo de Samaín, non deberán exceder os tres folios a unha cara e dobre espazo.
Os gañadores das dúas categorías recibirán como agasallo un MP4.

AS ALFOMBRAS: FESTA DE INTERESE TURÍSTICO REXIONAL

Por outra banda, na comisión de Cultura presentouse a memoria que elaborou o Concello para solicitar da Xunta a declaración das Alfombras do Corpus como Festa de Interese Turístico Rexional. Este asunto promovido polo grupo de goberno terá que ser aprobado polo pleno da corporación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares