Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O parque Rosalía de Castro acollerá o sábado o Magosto do Samaín, con degustación de castañas e liscos
02 Novembro 2010 11:42
O Concello de Ares organiza un ano máis, é xa van catro, o magosto do Samaín. A festa, dirixida a nenos e maiores, terá lugar o día 6 de novembro no parque municipal Rosalía de Castro (se chove, trasladarase ao patio do CPI Conde de Fenosa).
A Asociación Cultural O Tilo, que vén colaborando co Concello nesta e outras actividades, realizará un desfile de carrozas, que sairá do local da entidade ás catro da tarde. Coa chegada das carrozas ao parque, prevista para as 17.30, dará comezo o Magosto do Samaín, que continuará co concurso de contos “Ares de Medo” –lectura das obras presentadas e entrega de agasallos- e coa actuación da compañía “Fantasía animación”.
Sobre as sete terá lugar a degustación de castañas e liscos –os prezos son populares, fixándose un euro polas castañas e bebida e dous euros polos liscos e a bebida- para, media hora máis tarde, proceder ao fallo e entrega de agasallos do concurso de “Cabazas disfrazadas” infantil e de adultos –a inscripción para participar nesta iniciativa estará aberto o mesmo día do magosto entre as 17.00 e as 18.30 horas-.
A festa rematará en torno ás oito da tarde, con outro desfile de carrozas pola vila.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CONTOS
Así mesmo, infórmase de que o prazo de inscripción para o concurso de contos “Ares, de medo” rematará mañá mércores ás oito da tarde, despois de que se decidira ampliar o prazo uns días pola coincidencia de festivos. Os contos deberán entregarse na Alianza Aresana, no seu horario habitual de apertura. Os gañadores recibirán como agasallo un MP4.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares