Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello acomete a terceira fase do proxecto de revalorización do parque fluvial de A Xunqueira
18 Novembro 2010 14:05
O Concello de Ares está a acometer a terceira fase do proxecto de revalorización do parque fluvial de A Xunqueira, unha vez que recibíu do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta (Dirección Xeral de Administración Local, de Presidencia) unha subvención que ascende a 42.944,69 euros. A intervención proxectada suporá un investimento de 50.000 euros, polo que a Administración de Ares aportará os algo máis de 7.000 euros restantes.
Esta terceira fase, segundo consta no proxecto, ten por obxecto o acondicionamento dun tramo situado no ámbito do río Xunqueira para continuar a senda que percorre o parque fluvial e que xa foi executado nas dúas fases previas, financiadas pola entón Consellería de Medio Ambiente do socialista Pachi Vázquez con case 400.000 euros.
En concreto, os traballos desta terceira fase consisten en incrementar o percorrido sobre o humidal, contribuindo así á súa revalorización. De feito, este tramo será a “ventá ao humidal”, sendo este un espazo que ofrece unhas panorámicas de grande beleza do entorno.
En total, a senda de madeira obxecto desta actuación terá unha lonxitude duns 75 metros, estando prevista a construcción no seu remate dunha ampliación a modo de miradoiro equipado co seu correspondente mobiliario. Ademais, executarase unha pasarela de madeira de dez metros de lonxitude para salvar o cauce do río.
A intervención, loxicamente, require tamén a limpeza e desbroce da zona na que se actuará.
Os traballos na Xunqueira, que foron sempre un obxectivo prioritario do actual grupo de goberno en materia medioambiental, iniciáronse baixo unha serie de obxectivos claros: os da recuperación, a potenciación e a protección do humidal do río, posibilitando grazas ás obras realizadas ata o momento o coñecemento da súa flora, fauna e paisaxe por parte da poboación. Ata o momento, os resultados das dúas primeiras fases foi excelente, xa que o parque fluvial está sendo visitado a diario por numerosos veciños e veciñas da vila e incluso do fóra do municipio e, ademais, a súa recuperación estableceu en Ares especies como os patos, que xa forman parte da estampa cotiá do humidal.
Os novos traballos de recuperación, que está a executar a empresa Concifa, estarán rematados en cuestión de semanas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares