Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Fiscalía arquiva a denuncia de prevaricación do PP contra o equipo de goberno pola exclusión do inventario dun camiño en Os Castros
22 Novembro 2010 10:34
A Fiscalía da área de Ferrol vén de arquivar as dilixencias procesais iniciadas a raíz dunha denuncia formulada polo líder do Partido Popular de Ares, Manuel Cendán, na que acusaba de prevaricación ao alcalde e aos concelleiros/as que votaron no pleno do 26 de xullo de 2010 a favor da exclusión do inventario de bens inmobles dun camiño en Os Castros.
Segundo consta no auto, que xa foi notificado ao rexedor, o fiscal decidiu arquivar a denuncia por non atopar elementos nos que se sustente unha acción penal. Así mesmo, indícase nos antecedentes de feito que no informe remitido polo Concello, requerido pola propia Fiscalía despois de que Cendán presentase a denuncia, se pon de manifesto que en dita denuncia subxace un antigo conflito veciñal e que a resolución adoptada finalmente cumpríu todas as formalidades legais e sustentouse en argumentos xurídicos.
En este sentido, hai que lembrar que o proceso, tal e como se recolle no informe realizado polo Concello, seguíu en todo momento a legalidade, realizando os informes xuridicos e técnicos correspondentes e dando trámite de audiencia ás partes enfrontadas, evitando, polo tanto, unha posible indefensión para algunha de ditas partes.
Para o alcalde, esta decisión xudicial vén a confirmar as teses defendidas por el e o grupo municipal socialista ao longo de todo o proceso, que foron expostas no pleno do día 26 de xullo de 2010, no que se decidíu aceptar as alegacións presentadas polos veciños contra a inclusión no inventario municipal deste camiño de Os Castros e, polo tanto, excluíase do mesmo. Así mesmo, cualificou como moi grave o feito de que Manuel Cendán iniciase un proceso xudicial contra os concelleiros que votaron a favor desta reclamación veciñal, afirmando incluso o voceiro do PP na súa denuncia que dita votación realizábase con coñecemento da súa presunta ilegalidade.
Polo tanto, o rexedor mostrouse moi satisfeito co auto da Fiscalía, que exime destas acusacións a uns concelleiros e concelleiras que unicamente seguiron as conclusións dictadas pola maioría dos informes realizados.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares