Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O problema de subministro eléctrico que tiñan unhas mil vivendas de Ares e Mugardos chega ao seu fin
14 Decembro 2010 10:09
Despois de varios anos loitando para acadar unha solución ao problema de falla de subministro eléctrico en moitas vivendas dos termos municipais de Ares e Mugardos, boa parte delas de nova construcción, os promotores de ditos inmobles, coa asesoría da empresa Ingeniería Solhidrógeno, remataron con éxito as xestións realizadas. Deste xeito, unha resolución de Industria obriga a Fenosa a executar a liña de media tensión entre Vilar do Colo e Ares e Mugardos, que dará a potencia necesaria, no caso deste municipio, para todas as edificacións que prevía o Plan Xeral de Ordenación Municipal de 1999, que está anulado por sentenza xudicial pero que serviu para outorgar moitas licencias de nova construcción en anos anteriores, cando se produxo o “boom” urbanístico na vila de Ares.
O alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias, que exerceu un papel activo nesta problemática dende que accedeu ao Goberno de Ares –foron varias as reunións celebradas a dous e incluso tres bandas con responsable de Fenosa e dos promotores máis afectados por este grave problema para tratar de acadar unha solución-, amosou a súa satisfacción por esta resolución de Industria, que posibilitará que en cuestión de meses tanto empresas, como particulares e propietarios poidan normalizar o seu servizo eléctrico. De feito, as previsións pasan por que as obras que Fenosa realizará estean rematadas ao longo do primeiro trimestre do vindeiro ano 2011, data na que o servizo terá que estar totalmente operativo.
Os promotores informan, neste sentido, de que calquera empresa ou particular que teña problemas de subministro eléctrico poderá solicitar máis información ao respecto ou pedir explicacións sobre o xeito de actuar a partires de agora na empresa Solhidrógeno –chamando ao teléfono 660 141 020- ou ben no propio Concello de Ares.
Este problema no subministro eléctrico afecta na actualidade a unhas mil vivendas dos concellos de Ares e Mugardos, das que arredor do 50% xa están vendidas. Os perxuizos ocasionados nestes últimos anos foron moi importantes, polo que a súa solución convertiuse nun elemento realmente trascendente tanto para os veciños que xa mercaran as súas vivendas e que unicamente tiñan acceso á luz de obra como aos potenciais compradores, que xa poderán mercar os seus pisos sabendo que van contar con todos os servizos básicos en perfectas condicións.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares