Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Julio Iglesias sube ás redes sociais o que a súa Alcaldía está a costar ás arcas municipais, a metade que o anterior rexedor do PP
04 Marzo 2011 11:59
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, subirá nesta mesma xornada ás redes sociais –nomeadamente ao seu blog e a Facebook- os datos que constatan o que a súa xestión ao fronte da corporación está a costar ás arcas municipais. Nesta mesma publicación, o rexedor tamén ofrece as cifras oficiais do que lle costou ao Concello a Alcaldía do Partido Popular, de Manuel Cendán, ao longo do mandato comprendido entre os anos 2003-07, que conclúen que este último, con 242.423,96 euros, supuxo un custe para as arcas municipais que multiplica por dous o da actual Alcaldía socialista, con 119.433,49 euros en catro anos.
Deste xeito, e facendo unha media anual, o gasto de Iglesias foi de 29.858,37 euros ao ano, mentres que o de Cendán ascendeu a 60.605,99 euros ao ano.
Atendendo a un exercicio de transparencia e seguindo coa política informativa iniciada dende que Iglesias accedeu á Alcaldía, esta iniciativa conclúe que, por un lado, o actual rexedor non cobra salario ningún polo seu traballo no Concello e que os ingresos que recibe son os correspondentes ás asistencias a comisións e plenos –o mesmo que perciben o resto de concelleiros agás as comisións de goberno, que se abonan aos edís que, obviamente, integran o grupo de goberno e non teñen dedicación exclusiva-. Tamén compútanse os gastos de kilometraxe e dietas relativos ás numerosas reunións e xestións mantidas nas sedes das diferentes administracións, que o propio Iglesias ten que adiantar do seu propio peto e que, posteriormente, se lle reintegran.
Con todo, o actual alcalde socialista non chega nin á metade do que cobrou nos catro últimos anos do seu mandato o “popular” Manuel Cendán. Ademais, a estes máis de 242.400 euros, habería que engadir o que percibiu Cendán durante eses mesmos catro anos en calidade de deputado provincial, habida conta de que cada deputado asiste, como media, a un pleno por mes -563,65 euros- e a catro comisións informativas -352,26 euros cada unha-, o que arroxaría, tomando estes datos como referencia, unha cantidade media aproximada de 23.672,28 euros ao ano e 94.689,12 euros no total da lexislatura.
Julio Iglesias non só anuncia o que costa a súa xestión ás arcas municipais nas redes sociais, senón que, ademais, pon a disposición de todos os veciños e veciñas a documentación correspondente.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares