Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O servizo de autobuses de Arriva garante a parada de ida e volta no complexo acuático
08 Marzo 2011 13:12
Os alcaldes de Ares, Julio Iglesias, e Mugardos, Xosé Fernández Barcia, acompañados polo Director de Servicios y Operaciones de Arriva Noroeste, Manuel Varga, e o Director de Desarrollo, Javier Gilda, explicaron esta mañá en rolda de prensa o cambio que se producirá na liña Ferrol-Ares-Mugardos e que garantirá que os buses paren, tanto no traxecto de ida como de volta, xunto ao complexo acuático.
A este respecto, Gilda indicou que o problema produciríase cos buses que van de Ares e de Mugardos a Ferrol, xa que nos dous casos as paradas quedan moi alonxadas do complexo acuático e, fundamentalmente, o traxecto a pé supón un perigo para a seguridade vial (por exemplo, a parada na estrada de Franza supón cruzar andando a rotonda). Polo tanto, e depois da abordalo cos alcaldes dos dous municipios que compartirán a nova infraestrutura deportiva, a empresa decidiu que estes autobuses fagan toda a rotonda para poder parar na marquesiña que se utiliza para o sentido inverso (o que ven de Ferrol).
Polo tanto, cunha medida sinxela poñerase solución a unha cuestión que estaba a preocupar a futuros usuarios do complexo acuático, que en moitos casos son nenos e persoas maiores. Este cambio farase efectivo o día 21 de marzo, data na que está previsto que se inicie o prazo de inscripción para as persoas interesadas en acudir regularmente ao complexo acuático.
Esta liña fai 32 viaxes diarias, entre traxectos de ida e volta, e transporta a unhas 400.000 persoas ao ano, polo que a mellora, sen dúbida, terá un elevado número de beneficiarios –os alcaldes confían en chegar aos 800 usuarios do complexo acuático-.
Outro dos asuntos que se abordou na reunión que mantiveron previamente os rexedores de Ares e Mugardos e os representantes da empresa foi o da posta en marcha da liña interurbana entre os dous municipios, servizo que se contempla dentro do Plan de Transporte Metropolitano da Xunta. A este respecto, Iglesias informou de que estas dúas liñas de transporte que interconectarán todos os lugares e parroquias de Ares e Mugardos, co complexo acuático como punto de unión de ambas, precisa dunha aportación económica dos dous municipios e engadiu que se porá en marcha unha vez que o número de usuarios do complexo ronde os 300. De feito, o obxectivo dos concellos é facer atractivas estas liñas e, en consecuencia, minorar os gastos –tamén para as persoas que empreguen dito servizo-, xa que esta iniciativa servirá para incrementar a interacción entre os municipios e dinamizar as relacións comerciais, educativas, etc. entre ambos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares