Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A comunidade educativa pedirá unha reunión co conselleiro en Ares para que aporte unha solución urxente para a ampliación do centro escolar
11 Marzo 2011 10:12
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e os representantes dos grupos políticos con presenza na corporación municipal reuníronse esta mañá na Alianza cos representantes da ANPA e da dirección do CPI Conde de Fenosa para abordar a urxente necesidade de ampliación do centro escolar. No encontro o alcalde deu conta de todo o acontecido ao longo deste último ano, dende a primeira reunión na Coruña co delegado territorial, Diego Calvo, e todos os portavoces, pasando pola visita no mes de xuño da xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, ao colexio, na que se comprometeu a buscar unha solución coas alternativas plantexadas polos servizos técnicos do Concello e a facer un proxecto; extremo que non só se cumpriu no prazo plantexado –decembro de 2010-, senón que o PP, dende aquela, votou en contra de todas as iniciativas plantexadas polos grupos políticos –unha enmenda do BNG aos orzamentos autonómicos e unha batería de iniciativas parlamentarias presentadas polo PSOE esixindo a ampliación do colexio-, e evitou en todo momento concretar datas e investimentos para a ampliación do CPI.
A este respecto, a comunidade educativa amosou o seu malestar por un tema de grande importancia que se está a alargar no tempo en exceso e que afecta non só a Infantil, senón ao conxunto dos escolares, posto que a construcción do Aulario de Infantil libraría espazos para dotar ao colexio de servizos da importancia dunha biblioteca para a ESO, aulas de desdoble, aula de informática para Infantil e Secundaria e un salón de actos.
Así as cousas, acordouse pedir unha reunión urxente “ao máis alto nivel”, na que participen, ademais do propio alcalde, os portavoces e os responsables do centro e da ANPA, o delegado territorial, Diego Calvo, a xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, co principal obxectivo de clarificar a viabilidade da “solución 1” –a da parcela anexa clasificada como rústica- plantexada pola Xunta ou, en caso contrario, optar pola “solución 2” –a da parcela actualmente utilizada como aparcadoiro do profesorado, considerada como opción dúas na última comunicación remitida ao Concello pola Delegación Territorial- e, sexa o caso que sexa, prodecer dun xeito “inmediato” á redacción do correspondente proxecto. Na solicitude, incluirán a petición de que a reunión sexa en Ares, concretamente no Conde de Fenosa, para que o conselleiro, que aínda non considerou oportuno coñecer este centro, constate, xunto co resto de autoridades autonómicas, a necesidade real e urxente de ampliar as actuais instalacións.
Mentres que a Consellería de Educación non solucione definitivamente este grave problema, a comunidade educativa, co total apoio do equipo de goberno, seguirá coas súas accións informativas e reivindicativas, iniciadas hai unhas semanas pola ANPA coa campaña de recollida de sinaturas a través da que solicita á Xunta a ampliación do centro escolar aresán, e que incluso poderían subir de intensidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares