Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Setembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MANUEL REBÓN 2017

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Servizos
Banco do tempo

BANCO DO TEMPO
O Concello a traves da Aula CeMIT ofrece un novo servizo que é o Banco do Tempo.
O Banco do Tempo é unha medida de conciliación que ten como finalidade mellorar a vida familiar, social e laboral das persoas.

¿QUÉ É UN BANCO DO TEMPO?
Un Banco do Tempo é un grupo de persoas motivadas para intercambiar tempo, dedicandoo a compartir habilidades e coñecementos. O que se cambia é tempo por tempo. Para participar, as persoas depositan unhas horas do seu tempo ofrecendo un servizo que desexen dar e a cambio poden solicitar tempo doutras persoas para un servizo que desexen recibir. Todos os servizos teñen o mesmo valor, todo vale o tempo que se tarde en facer.
Exemplo: “ Eu ofrézome para coidar nenos e solicito que alguen me ensine fotografía “.
Todo isto de forma totalmente gratuíta.

¿PARA QUÉ SERVE?
O Banco do Tempo é un lugar de encontro, có cal e dada a súa dinámica de funcionamento, convírtese nun espazo para compartir experiencias, achegar ás persoas, realizar actividades que che gusten, aprender algo novo, ensinar o que sabes facer, e desenvolver os valores de cooperación e solidariedade.

¿DONDE ACUDIR?
A sede do Banco do Tempo é na Casa da Xuventude - Aula CeMIT.
Calle Real 24 - 26
Teléfono: 981 949 591
Correo: bancodotempo@concellodeares.com

¿QUE SE PODE INTERCAMBIAR?
Os servizos que se poden intercambiar están relacionados cás seguintes actividades:
- Atención ás persoas : acompañamento, coidado...
- Coidado do corpo e saúde : masaxes, relaxación...
- Tarefas domésticas : limpeza, comprar, cociñar, pequenas reparacións...
- Formación : axuda cós deberes, manualidades, fotografía...
- Idiomas : clases, traduccións, conversa...
- Informática : clases, pasar traballos a ordenador, asesoramento...
- Tarefas administrativas : acompañamento nas xestións, axuda para cubrir impresos...
- Asesoramento e orientación : seguros, finanzas, busca de emprego...
- Actividades relacionadas có ocio e o tempo libre: lecturas, xogos, paseos, cine...
- Varios : organización de viaxes, mantemento do automóbil, actividades infantís, paseo animais de compaña...
Os intercambios serán puntuais, non continuos.

¿COMO FUNCIONA UN BANCO DO TEMPO?
As persoas que participen no Banco se caracterizarán polo seu interés en dar e en recibir.
Para inscribirse no Banco deberán dirixirse ao axente TIC da Aula CeMIT para manter unha entrevista. Nesa entrevista explicaranse as normas de funcionamento do Banco e determinaranse os servizos que a persoa ofrece, os que demanda así como a súa dispoñibilidade.
Cando unha persoa solicita un servizo a axente do Banco cruzará a información das persoas adscritas ( segundo as súas ofertas e demandas ), as poñerá en contacto e dinamizará o intercambio.
Os intercambios serán multilaterais, é dicir, unha persoa pode acompañara a alguen ó médico e logo utilizar o tempo que gañou en recibir clases de informática.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares