02 Xaneiro 2018BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE SEIS AUXILIARES DA POLICIA LOCAL.
PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA,MODALIDADE DE CONTRATACIÓN, DURACIÓN DO CONTRATO E RETRIBUCIÓNS.
1.1.- O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de seis AUXILIARES DA POLICIA LOCAL, a través do procedemento de selección que se sinala nestas bases, de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 4/2007 de coordinación de Policías locais de Galicia, Decreto 243/2008 de 16 de outubro, Orde de 28 de xaneiro de 2009, e demais disposicións de pertinente aplicación.
Correspóndelles desempeñar as funcións propias desta categoría profesional na Policía Local de Ares, tales como a custodia e vixilancia de bens, servizos e instalacións municipais, así como o auxilio e colaboración cos funcionarios do Carpo da Policía Local e demais Forzase Carpos de Seguridade.
1.2..- A modalidade contractual será a de un contrato temporal por acumulación de tarefas, prevista no R.D. 2720/1998, de 18 de decembro
BASES en pdfINSTANCIA en pdf