05 xuño 2019BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN XEFE DE BRIGADA, UN PEÓN CONDUCTOR E TRES PEÓNS PARA A APLICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ARES PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA COFINANCIADA CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.
Primeiro.- Obxeto.
Ó abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ares para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa, as presentes bases teñen por obxeto a contratación dun xefe de brigada, un peón conductor e tres peóns.
Segundo.- A selección terá lugar entre os candidatos que se presenten mediante convocatoria pública a facer mediante anuncio nun xornal dos de maior tirada da comarca.
Terceiro.- Requisitos dos aspirantes.- Os aspirantes para participar nas probas, deberán reuni-los seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ser de nacionalidade española.
Non obstante o anterior, poderán concorrer tamén os nacionais dos demáis Estados membros da Unión Europea, logo de acredita-la súa nacionalidade conforme ó
BASES e INSTANCIA en pdfANEXO II en pdf