18 Decembro 20201.- Obxecto da convocatoria:
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal dun Oficial 1a para o servizo de augas.
A urxente necesidade da contratación deriva da situación de modificación sustancial das condicións do traballador que ocupaba tamén de xeito temporal o posto de traballo que se pretende cubrir con este proceso de selección. Existen necesidades urxentes e inaplazables, que fai necesaria a contratación de persoal para atender ás múltiples tarefas do departamento que requiren o uso da maquinaria específica propiedade do concello (pala, soldadura, mecánica, etc.), xa que o seu uso non pode estar desatendido tendo en conta as múltiples labores que se desenvolven con ela e segundo a memoria xustificativa da obra ou servicio.
2.- Período e modalidade de contratación:
Contratación laboral temporal, polo prazo de seis meses na modalidade de obra e servicio.-
3.- Requisitos xenéricos dos aspirantes:
a) Ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea.
b) Ter cumpridos os 16 anos de idade.
e) Non padecer enfermidade ou eiva fisica que impida o normal exercicio da función.
d) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local, nin
BASES en pdf