Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 25 de xullo de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
IX FESTA DA XIBA EN ARES

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Historia
Monumentos

"Iglesia de San José de Ares"

Iglesia de San José de AresConsta de tres naves e varias capelas. A nave principal consta de tres tramos enmarcados por sendos arcos faxóns e formeiros que encerran no seu interior unhas amplas bóvedas de aresta. Foi edificada no 1721 e no 1868 polo cardeal arcebispo García Cuesta quen a designou igrexa matriz, quedando Santa Baia anexa a ela. O edificio foi remodelado polo arquitecto Xulio Galán Carvajal a principios do século XX. A estructura do edificio consta dunha planta rectangular con tres naves e presbiterio cadrado, co corpo rectangular precedente. A sancristía sitúase no muro setentrional do presbiterio e o seu acceso faise a través dunha porta aberta no muro do leste. A cuberta é a dúas augas de tella curva. No lateral esquerdo engadíuselle unha torre campanario moi sinxela.
RELOXO - CALENDARIO SOLAR. PARROQUÍA S. JOSÉ DE ARES

"Iglesia de Santa Olalla de Lubre"

Iglesia de Santa Olalla de Lubre finais do século XV e principios do XVI):

Trátase dunha igrexa de notable antigüidade. Aparece na relación de igrexas que Afonso II mandou construír ó abade Tructinio no ano 830. Posúe grandes muros de pedra con enormes contrafortes, polo que as xanelas son escasas e estreitas. É dun estraño estilo gótico tardío ou de transición ó renacemento moi pouco frecuente en Galicia. Ten unha soa nave, unha ábsida cadrada e un adro diante da porta principal para se resgardar da chuvia. A porta é de arco semicircular sen adornos e un óculo con boceis na parte superior. Os arcos están adornados con molduras e os capiteis teñen lixeiros relevos. No seu interior destaca a bóveda estrelada da ábsida, de cinco claves cos nervios apoiados en columnas acotobeladas nos ángulos. Os fustes son esveltos pero de rudos capiteis con sinxelos relevos.Consérvase unha lápida sepulcral con escudos que ostentan as armas de Calatrava. Foi unha igrexa refuxio que libraba ós delincuentes da acción da xustiza.

"Iglesia de Cervás"

Iglesia de Cervás(Segunda metade do século XII):
Conserva unha ábsida semicilíndrica románica. No seu interior, marca a entrada ó presbiterio un arco con altas semicolumnas acabadas en capiteis vexetais e unha cabeza tallada na á esquerda. A nave foi construída no ano 1784 ó igual que a espadana. Despois dun incendio foi reformada no 1944.

"Iglesia de San Vicente de Caamouco"

Iglesia de San Vicente de CaamoucoData do século XIX e é de estilo barroco. Está adicada a San Vicenzo Mártir. Ten unha aparencia sinxela e presenta unha planta de cruz latina., unha soa nave aberta con bóveda de canón reforzada por arcos faxóns , ten un cruceiro cuberto con cúpulas sobre pechinas. O exterior da cúpula aséntase sobre un tambor octogonal con cuberta de oito augas. A iluminación da igrexa vén dada polos vans laterais situados nas partes altas do muro do cerramento. Ten unha capela privada usada como sancristía.

"Ermita de Nosa Señora da Mercede"

Ermita de Nosa Señora da Mercede(Segunda metade do século XIV):

Está ubicada moi próxima á praia de Chanteiro. Pertenceu a un convento de franciscanos que estiveron no lugar durante cen anos, desde 1292 a 1392, ano no que se trasladaron ó novo convento de Santa Catarina de Montefaro.


Ermita de Nosa Señora da MercedeÉ de estilo románico tardío, con elementos oxivais como a bóveda cruzada, os arcos apuntados da nave e os da entrada á ábsida. Os adornos dos capiteis son románicos. A fachada refíxose no século XVII conservando o lintel da porta primitiva. A espadana é tamén do século XVII. A cita máis antiga da Virxe de Chanteiro é do século XIV, cando o arcebispo García Manrique concede 40 días de perdón a todos os que, devotamente e os días das festas de Santa María, peregrinen a este lugar. Esta concesión de indulxencia foi confirmada polo antipapa Benedicto XII (o Papa Lúa) nunha bula de 1395. Os ferroláns estiveron peregrinando durante moitos anos a esta ermida en cumprimento do Voto de Chanteiro. Este voto fixérono ó sentirse liberados, gracias á intervención da Virxe, dunha peste fatal de cólera que se declarou na comarca no ano 1404. A noite do 28 ó 29 de xuño de 1933 un incendio destruíu os retablos, acabándose a restauración da ermida en 1943.

"Monasterio de Santa Catalina de Montefaro"

(finales del siglo XIV):
Chégase a el desde a vila de Cervás ou desde Mugardos collendo un desvío perto do castelo da Palma. Pertence ó Arceprestazgo de Bezoucos, que comprende toda esta península . A fundación deste mosteiro remóntase ó 3 de agosto de 1393 da man do cabaleiro don Fernán Pérez de Andrade "O Bo", mediante un documento asinado polo arcebispo compostelán Xoán García Manrique , en Burgos.

Monasterio de Santa Catalina de Montefaro

Monasterio de Santa Catalina de MontefaroNo documento concedíanselle a Fernán Pérez de Andrade a Orde de San Francisco e abundantes privilexios económicos que , engadidos ás terras da península formada por Ares e Mugardos, outorgan ó abade do mosteiro, frei Lope Mantenga, o control eclesiástico das parroquias de Cervás, Caamouco, a ermida de Chanteiro , Franza e o territorio que comprende o actual Mugardos e parte das de Miño, Neda e Ferrol.

Pero o importante peso que exerce o mosteiro sobre a vida dos habitantes da vila e o límite de Mugardos será a causa de que a fianis do século XVIII estes se opoñan á súa influencia. O mosteiro chegou a albergar 30 relixiosos no momento de maior esplendor , que se viron reducidos a oito na exclaustración de 1836. No ano 1837 coa desamortización de Mendizábal, os franciscanos desaparecerán definitivamente, e finalmente as súas dependencias pasarán a mans do exército, que instalará no mosteiro unha dotación estable. Este mosteiro pasou a mans do concello o 27 de xaneiro de 2000, mediante un acordo entre o exército e o propio concello.

Monasterio de Santa Catalina de MontefaroCo paso dos séculos a estructura arquitectónica do mosteiro sufriu diferentes reformas pero
sábese que a súa construcción inicial é basicamente románica. A distribución orixinal compoñíase dun adro, detrás dun cruceiro que indicaba a entrada; na súa parte central se erguía unha torre con portadas de Santa Ana e San Francisco. Xirando á dereita con orientación sur cara ó leste a sancristía e orientado cara ó norte o refectorio. Dos dous claustros o mellor conservado é o situado na parte posterior da igrexa de estilo renacentista. Este claustro ten cinco arcos de medio punto en cada un dos seus lados, apoiados sobre pilastras con outros pilares intermendios que sosteñen a cornixa do tellado. Na segunda planta leva unha ventá sobre cada arco co fin de iluminar a galería superior. Nas modificacións realizadas no século XVII a planta da igrexa foi sustituída por unha nave de cuberta única con bóveda de canón sobre arcos con vidros sobre o altar maior. .Monasterio de Santa Catalina de Montefaro O retablo que preside o interior é de madeira policromada con esquemas de ornamentación barroca.. Na actualidade algunhas das imaxes están nas igrexas ferrolás do Socorro, San Xiao e San Francisco. No interior do mosteiro pódense observar restos dalgunhas obras como capiteis, estatuas, fragmentos de arcos, lápidas de sepulcros, etc...Outros restos esculturais do século XVI pertencentes a este mosteiro atópanse na actualidade no Museo Arqueolóxico de Santo Antón, na Courña. Este mosteiro pódese visitar os sábados e domingos de 11:00 horas a 19:00 horas. No verán, pódese disfrutar del todos os días da semana co mesmo horario. O prezo da entrada é de 0.60 euros e para menores de dez anos é gratuíta .

"Puerto de Redes"

Puerto de RedesPuerto de RedesPuerto de RedesRedes é un dos portos pesqueiros máis enxebres das Rías Altas. As súas casas están á mesma orela do mar e os mariñeiros amarran as súas embarcacións ás portas usando a soleira como embarcadeiro. Pertence á parroquia de Caamouco, que era señorío do cabido Compostelán no século XIV ata que pasou á Casa de Andrade.

"Puente de la Ciscada"

Puente de la CiscadaTrátase dunha ponte de un só arco e gran pureza de liñas lixeiramente alombada e ten as características propias deste tipo de cosntrucción do século XVI. Está moi perto da desembocadura do arroio na praia, xunto á alameda que linda con ela.


"Castro Mourón"

Áchase na punta de Caamouco, exactamente no extremo oriental da praia do Raso. Vense nel unhas sinxelas defensas e un foxo no istmo.

"Castro de Ares"

Castro de AresAtópase nun outeiro de 41 metros de altura entre a praia do Raso e a Enseada de Ares. Están instalados dentro do seu recinto os depósitos de abastecemento de auga da Vila.



"Castro de Lubre"

Castro de LubreEncóntrase no lugar chamado Agro do Castro, a uns 150 metros da igrexa de Santa Olaia. Posúe unhas rebaixadas defensas circulares.

 

"Castro de Cervás"

Castro de CerváAtópase diante da porta do cemiterio. Os seus muros e defensas nalgúns puntos chegan a ter sete metros de altura.

 

 

"Castro de Santa Mariña"

Castro de Santa MariñaÁchase á altura do cemiterio de Cervás na costa, nun pequeno promontorio onde se conservan restos dunha antiga batería militar.

 

"Cruceiro Chanteiro"

Cruceiro ChanteiroNa estrada que percorre de oriente a occidente este concello, paralela á costa , e pouco antes de chegar á enseada de Chanteiro, está un dos poucos cruceiros que se poden contabilizar en Ares. É unha obra de gran tamaño e ben traballada aínda que carente de figuras. Levántase a partir dunha plataforma case invisible. Segue o pedestal cun primeiro corpo tronco-piramidal de pouca inclinación de caras, case prismático, rematado por unha pirámide cuadrangular que ten un vértice no punto de arrinque da columna. Esta é forte e alta, adornada no seu inicio e leva no seu extremo superior un capitel xeométrico. A cruz é alta e lisa.

"Arquitectura indiana"

Arquitectura indianaA maioría destas casas son de inspiración cubana, xa que Cuba foi un dos centros de emigración máis importantes na zona. O que máis abunda son as vivendas particulares. Soían ser casas realizadas sen a utilización de planos, sendo os responsables da súa construcción os albaneis do lugar, que seguían as directrices do patrón, sobre todo no que se refire ós deseños artísticos. Entre os elementos foráneos utilizados estaban as torres, as cubertas chas ou os pórticos con columnas; ademais de empregarse as molduras decorativas, o uso das cores vivas nas fachadas e outros elementos de influencias modernistas. Tamén os xardíns se tornaban exóticos co uso das especies vexetais traídas de ultramar. Estas casas introduciron melloras no que se refire a prestacións na vivenda : fanse cociñas máis bonitas e confortables , cuartos de baño modernos, escalinatas e soportais. A casa Santa Amalia é un exemplo deste tipo de construcción. Está sita en Redes. Foi construída no ano 1919 por Luciano Rojo López , un emigrado á Habana adicado ó comercio do carbón. Posúe un gran portalón flanqueado por dúas urnas que dá acceso a un belo e vizoso xardín que rodea a casa. Na súa parte dereita presenta un pórtico lateral sos tido por columnas, clara influencia da cultura americana. Outros exemplos dentro do municipio son: a Casa Pascual Martínez (1929); San Vicenzo de Caamouco (Redes), a Casa Minerva (1930, Barracido) ou a Casa de Paco Bello (1900-1915, Redes).

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares