Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 25 de Setembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MANUEL REBÓN 2017

VERANEARES 2017

ARES DENDE O MAR

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Servizos
Servizo de Orientación Laboral

Coñecedores das dificultades que se desprenden do proceso normal de búsqueda dun emprego o Concello de Ares, co fin de axudar á consecución efectiva dun posto de traballo para os seus veciños e veciñas, pon en marcha o Servizo de Orientación Laboral.  O eixo fundamental deste servizo é a orientación na planificación activa para buscar un emprego. De tal maneira, deséñanse programas e itinerarios individualizados de información e inserción profesional, que inclúen o asesoramento na realización do currículo, a valoración do perfil e da cualificación profesional xunto ca orientación na entrevista de traballo e noutras técnicas e ferramentas que nos permitan acadar un emprego axeitado ó perfil formativo e profesional.

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ares parte dunha iniciativa de colaboración entre a Consellería de Traballo e o Concello de Ares para dar cobertura ás necesidades reais de emprego da nosa población. Baséase nunha serie de principios: información, orientación e busca activa de emprego, que buscan mellorar a ocupación dos desempregados, en particular e, de todos os traballadores, en xeral.

Os obxectivos sobre os que se asentan os piares deste servizo, en consoancia cos definidos pola Consellería de Traballo nesta materia, son:

  • Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional
  • Actualizar e activar o currículum vitae de cada demandante
  • Optimizar a oferta formativa existente
  • Compatibilizar a demanda da persoa coa oferta existente
  • Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer ás persoas usuarias o seu nivel de cualificación e potencial laboral

As accións de orientación laboral da persoa desempregada pasa normalmente por un proceso activo que cubre os seguintes pasos:

  • Comeza pola entrevista persoal, onde se trata de coñecer en detalle o perfil profesional e ocupacional.
  • Realízase, a continuación un Itinerario de Inserción Laboral, específico para o/a usuario/a, a través da análise das capacidades e habilidades recollidas na entrevista e concretando laborais e/ou formativas concretas, se é o caso.
  • Despois recibe información profesional dentro do espacio territorial da súa busca de emprego.
  • E, por último comeza a busca activa de emprego. Trátase de organizar e planificar a busca de emprego asesorado polo técnico que coordinou todo o proceso.

O acceso a accións de orientación laboral para persoas demandantes de emprego realízase a través do seu centro titor do Servicio Galego de Colocación ou de calquera Oficina de Emprego ou no propio servizo, ubicado nas dependencias do Concello de Ares.


HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:
De luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Teléfono de contacto: 981468102 / 981468195
Fax: 981448299
E-Mail: Contacto


Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares