BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv6.2.0//EN
X-ORIGINAL-URL:https://concellodeares.gal/
X-WR-CALNAME:concellodeares
X-WR-CALDESC:Sitio web oficial do Concello de Ares. Consulta aquí toda a información xeral para a cidadanía.
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-b325ce2830a0a1538031152d9e5ce1b5@concellodeares.gal
DTSTART:20260912T060000Z
DTEND:20260913T200000Z
DTSTAMP:20260617T030000Z
CREATED:20260617
LAST-MODIFIED:20260617
PRIORITY:5
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:SendAres 2026: Saída extraordinaria a Costa da Morte
DESCRIPTION:Un programa para coñecer e recoñecer o patrimonio natural dende o sendeirismo.\nRuta dobre: Camiño dos Faros\nDía 1: Muxía – Nemiña (12 de setembro)\nPrezo (2 rutas): 110 €*\n\n\nHora de saída en bus: 07:00 horas.\n\n\nPunto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.\n\n\nInformación técnica: ruta de 25 km // Desnivel + 1100 m.\n\n\nInscricións:\n\n\nEmpadroados/as: Do 18 ao 19 de xuño con prioridade de inscrición.\n\n\nNon empadroados/as: Do 19 até o 26 de xuño, inclusive.\n\n\n\n\nTrátase dunha das etapas máis agrestes e auténticas do Camiño dos Faros, un itinerario con subidas e baixadas entre cantís, calas escondidas e miradoiros infinitos. Os sendeiristas explorarán a contorna do Cabo Touriñán, o punto máis occidental da España peninsular, ata chegar á impresionante praia de Nemiña.\nA noite farase nun albergue en Lires, en plena natureza, un lugar único para descansar xunto á ría máis pequena de Galicia.\n*O prezo inclúe aloxamento no albergue As Eiras, cea o día 12, así como almorzo e tentepié na seguinte xornada.\nRuta dobre: Camiño dos Faros\nDía 2: Nemiña – Faro Fisterra (13 de setembro)\nPrezo (2 rutas): 110 €*\n\n\nRegreso dende Fisterra: 19:00 horas.\n\n\nChegada a Ares aproximada: 21:00 horas.\n\n\nInformación técnica: ruta de 27 km // Desnivel + 800 m.\n\n\nInscricións:\n\n\nEmpadroados/as: Do 18 ao 19 de xuño con prioridade de inscrición.\n\n\nNon empadroados/as: Do 19 até o 26 de xuño, inclusive.\n\n\n\n\nA etapa final conduce cara o coñecido como ‘fin do mundo’. Cruzarase a ría de Lires para logo percorrer lugares emblemáticos como a Praia do Rostro, os cantís da Canousa ou o impresionante Cabo da Nave, culminando coa chegada ao Faro de Fisterra.\nAsí se concluirá unha experiencia con dous días marcados polo litoral galego, a natureza salvaxe e as historias que se agochan tras as paisaxes.\n*O prezo inclúe aloxamento no albergue As Eiras, cea o día 12, así como almorzo e tentepié na seguinte xornada.\nNORMATIVA DO PROGRAMA\nConvócanse 23 prazas para toda a saída pola Costa da Morte, estando dirixidas para calquera persoa maior de 16 anos. No caso de menores de idade deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable que se comunicará no momento da inscrición.\nPara formalizar a inscrición é preciso acceder á web municipal (www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2025/2026; desta maneira enviarase a solicitude de participación. As solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición, de cara a confeccionar os listados de cada ruta en base a este criterio, así como a listaxe de agarda.\nUnha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. O prezo é de 110 € por participante e leva incluído os servizos de guía, seguros, transporte e aloxamento dunha noite no albergue As Eiras, incluíndo cea o día 12 de xuño, así como almorzo e tentepié-picnic o día 13.\nOs desprazamentos serán sempre en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente. Partirase da Praza da Igrexa de Ares.\nCada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, sen esquecer o seu avituallamento persoal para as dúas xornadas. Igualmente faise necesario dispoñer de calzado e roupa adecuada.\n   \n
URL:https://concellodeares.gal/eventos/sendares-2026-saida-extraordinaria-a-costa-da-morte/
CATEGORIES:Deporte
ATTACH;FMTTYPE=image/png:https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2026/06/2026-Ruta-extraordinaria-Camino-dos-Faros-1.png
END:VEVENT
END:VCALENDAR
