BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv6.2.0//EN
X-ORIGINAL-URL:https://concellodeares.gal/
X-WR-CALNAME:concellodeares
X-WR-CALDESC:Sitio web oficial do Concello de Ares. Consulta aquí toda a información xeral para a cidadanía.
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-1387a00f03b4b423e63127b08c261bdc@concellodeares.gal
DTSTART:20220619T000000Z
DTEND:20220620T000000Z
DTSTAMP:20220614T000000Z
CREATED:20220615
LAST-MODIFIED:20220615
PRIORITY:5
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:ALFOMBRAS FLORAIS DE ARES
DESCRIPTION:A volta das alfombras florais nas xornadas do 18 e 19 de xuño tras dous anos de paralización polo impacto e as esixencias sanitarias da pandemia. A festa, declarada dende 2011 de Interese Turístico de Galicia, volverá a encher o espazo público de espadana, flor e arte efémero, mais tamén exemplificará o compromiso colectivo da veciñanza cunha celebración de máis de 40 anos de tradición.\nCon todo, a edición deste ano chegará nun formato máis reducido do habitual, segundo o propio comunicado que emitiu a Asociación de Alfombras Florais aresán, en gran parte pola “ausencia de persoas dabondo para executar o enorme traballo que supón” a celebración do evento, moitas delas afectadas física ou psicoloxicamente polas consecuencias derivadas da pandemia. Fronte a este decrecemento no número de persoas involucradas, a Asociación uniu forzas e realizará unha única alfombra entre os 6 tramos que a compoñen, cubrindo cun tapiz floral toda a superficie dende a Alianza Aresana ata o paseo marítimo.\n“O amor polas nosas tradicións, polo noso Corpus; o amor pola nosa vila, por este Ares que sabe tanto de unión e solidariedade, fai que queiramos continuar aínda que teñamos que facelo nunha edición reducida”, expuxo a Asociación, que prevé poder recuperar un formato habitual no 2023, xa con máis folgos e máis mans colaboradoras.\n
URL:https://concellodeares.gal/es/eventos/alfombras-florais-de-ares-2/
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://concellodeares.gal/wp-content/uploads/2022/06/cartel_alfombras_florais-2022.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR
