Concellaría de Cultura e Emprego

ALMA BARRÓN FERRO

Contacto: alma.barron@concellodeares.com

A Concellería de Cultura céntrase na dinamización social, organizando todo tipo de actividades e proxectos que redunden no municipio e que amplíen o máximo posible o acceso á cultura, desde exposicións, presentacións, actos, concursos, etc., a outros eventos que revalorizan os vínculos do pobo coa súa historia emigrante, como Ares Indiano, ou coa súa contorna mariñeira, como Ares Ultramarino. Tamén se centra na colaboración con outras entidades culturais, fomentando a construción dun tecido cultural local e participa na xestión da biblioteca municipal.

A área de Emprego encárgase da contratación e xestión do persoal de carácter municipal, coas súas consecuentes convocatorias públicas, así como da planificación e oferta de obradoiros de formación laboral.