VIAXE A LUGO POLO SAN FROILÁN

A Concellaría de Igualdade e Benestar facilita o desprazamento á veciñanza de calquera idade que desexe desfrutar dunha celebración xa consolidada dentro do outono galego.

Habilitarase un autobús para ir á cidade lucense o venres, 7 de outubro.

Será necesario apuntarse previamente ata o 30 de setembro nos Servizos Sociais de Ares.

O custe será de 10 euros, incluíndo o transporte de ida e volta, e deberá aportarse no momento da reserva. A saída dende Ares está planificada para as 9:30 horas e, dende Lugo, para aproximadamente as 21:00.

Para dúbidas ou máis información, está dispoñible o número de teléfono 981 448 354.

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

Date

Out 07 2022

Time

9:30 am - 9:00 pm
Category