Ares celebra o entroido co foco posto nos máis pequenos

O mércores, 2 de marzo, a pista do CPI As Mirandas acollerá dende as 17.00 horas obradoiros, inchables e ata unha área de xogos xigantes. Sobre as 19.30, haberá tamén a tradicional queima do entroido. Malia organizarse en exteriores, será necesario levar máscara ao prever grande afluencia, de cara a manter a hixiene e seguridade […]
Últimas modificacións nos horarios do servizo de autobuses xestionado por UTE Hércules Norte

O Concello de Ares vén de recibir as últimas modificacións nos horarios do servizo de autobuses xestionado por UTE Hércules Norte. Segundo comunica a empresa adxudicataria, esta actualización entrará en vigor a partir do vindeiro luns, 23 de febreiro. Pode consultar toda a información dos horarios na nosa páxina web municipal ou en www.monbus.es