A maiores das conexións en vehículos particulares, o principal método de acceso a Ares son os roteiros de transporte público que arrincan na cidade de Ferrol, a cargo de UTE Hércules Norte. Os horarios actualizados poden comprobarse diariamente na páxina de Monbus (https://www.monbus.es/es), propietaria da empresa xestora do transporte metropolitano local, ou no seguintes PDF anexados:

Liñas con orixe e destino o Concello de Ares (ver PDF)

Liñas XG871 – Norte da comarca de Betanzos, sur da de Ferrol e oeste da de Eume (ver PDF)

Durante os meses de xullo e agosto, e para racionalizar e evitar a conxestión do núcleo urbano, Ares conta cun sistema de regulación do aparcamento que establece tres zonas diferenciadas. Unha zona branca (libre e gratuíta para todos os vehículos), zona verde (de uso exclusivo para vehículos con imposto de circulación en Ares) e unha zona azul (libre e gratuíta para os vehículos con imposto de circulación de Ares e con franxas horarias de pago e reserva previa para os que non o teñan, con dúas horas pola mañá e dúas pola tarde. O resto de tramos é libre e gratuíto para todos os vehículos).

No seguinte plano poden verse como están habilitadas as distintas zonas de estacionamento dentro do núcleo urbano para os meses de xullo e agosto:

Poden consultar máis información en https://aparcares.com/