Punto de información Catastral (PIC)

HORARIO

Lunes y miércoles
De 12:00 a 14:00 h.

LOCALIZACIÓN

Punto de Información Catastral (PIC)

TELÉFONO

000 000 000

CORREO

correo@correo.es

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL (PIC)

Normativa:

Resolución do 29 de marzo de 2005, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime xurídico de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral.

 

Servizos que ofrece o Punto de Información Catastral:

  •  Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

 

Entidades autorizadas para a prestación do servizo:

  • As Corporacións Locais e as demais Administracións públicas, así como os entes e organismos delas dependentes.

 

Requisitos:

  • Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
  • Ser titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada por el, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.

 

Documentación:

  • Acreditación da identidade. Documento Nacional de Identidade.
  • Acreditación, no seu caso, da representación ou da autorización.

 

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral.

Por tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da Xerencia /Subxerencia do Catastro, á que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitudes de quen se ampare nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.