Ares celebrou o Samaín cunha tarde chea de misterio, diversión e tradición para toda a familia!

A veciñanza e visitantes déronse cita onte na praza da Constitución para gozar dunha nova edición da festa do Samaín, organizada polo Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Cultura, que encheu a vila de disfraces, outono e ledicia compartida entre cativos e maiores. Dende as 17:00 horas, a programación infantil e familiar […]
Puntos limpos móbiles instalados nas contornas de Avenida Federico Expósito e Mariña do Pombal (09.11.2026)

🔷 Lembra que esta semana os puntos limpos están instalados nas contornas de 📍 Avenida Federico Expósito e Mariña do Pombal para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. 🚮 Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE MARIÑA DO POMBAL Podes […]
O concurso de debuxo infantil «Compostar en Ares mola!» xa ten gañadores!

A través deste certame creativo, promovido polo Concello de Ares en colaboración co CPI As Mirandas, o alumnado de Educación Infantil encheu de cor e orixinalidade as aulas, amosando situacións cotiás relacionadas coa separación da materia orgánica, o composteiro e o colector marrón. Tras a deliberación do xurado, formado por docentes do colexio e a […]
Rematan con grande éxito os obradoiros de costura creativa e ‘upcycling’ téxtil na Casa Rectoral de Ares

A Casa Rectoral puxo o punto e final ao ciclo municipal de obradoiros de customización de roupa, no que a veciñanza participou activamente para aprender a coser, reparar e transformar pezas en desuso baixo unha premisa clara: «A moda máis sustentable non é a que se merca, senón a que se transforma». Ao longo das […]
A Biblioteca Municipal de Ares despide a súa programación de Samaín co contacontos «Tarecos e castaña do alén»

A Biblioteca Municipal de Ares puxo onte o broche de ouro á súa programación especial de Samaín coa celebración da sesión de contacontos familiar «Tarecos e castaña do alén», unha proposta gratuíta que encheu o espazo de historias, misterio e tradición compartida entre pequenos e maiores. A actividade completou o ciclo de iniciativas arredor do […]
AVISO | Axuste de data na axenda cultural – Cita cos contos e a imaxinación na nosa Biblioteca Municipal de Ares!

Informamos de que, por motivos de reestruturación e coordinación da programación cultural municipal, a presentación do conto infantil ‘La tortuga Tomasa y el erizo Narciso’ pasa a celebrarse o vindeiro venres, 6 de novembro, mantendo o mesmo horario e emprazamento. O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Cultura, convídate a descubrir esta […]
Aberta a inscrición para a segunda ruta do SendAres 2026-2027!

Ruta circular Ares-Cervás-Ares 15 de novembro Saída: 9:00 h · Chegada: 13:00 h Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares Percorrido: 11 km · Desnivel: 100 m (+/-) Dificultade: baixa Prazas limitadas: 25 persoas · Prezo: 5 € Un percorrido pola costa de Ares para descubrir algúns dos seus enclaves naturais máis destacados. A […]
AVISO: A festa do Samaín de Ares adiántase a mañá, xoves 5 de novembro, por previsión meteorolóxica.

O Concello de Ares informa á veciñanza de que, debido á previsión de tempo desfavorable para o venres, a celebración do Samaín na vila adiántase a mañá, xoves 5 de novembro, mantendo integramente a súa programación dirixida ao público infantil e familiar. A celebración comezará ás 17:00 horas na praza da Constitución, ofrecendo unha tarde […]
Cita cos contos e a imaxinación na nosa Biblioteca Municipal de Ares!

O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Cultura, convídate á presentación do libro infantil ‘La tortuga Tomasa y el erizo Narciso’, da autora Teresa Cal Baudot, con ilustracións de Daniel Estandía e editado por Apuleyo Ediciones. Unha entrañable historia dirixida aos máis pequenos da casa e ás súas familias, que nos fala […]
Puntos limpos móbiles instalados nas contornas de Barracido e Cervás (03.11.2026)

🔷 Lembra que esta semana os puntos limpos están instalados nas contornas de 📍 Barracido e Cervás para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. 🚮 Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE BARRACIDO Podes depositar: ✅ Aceites de cociña usados. […]
Ares dálle unha segunda vida á roupa cos obradoiros de costura creativa e ‘upcycling’!

A Casa Rectoral acolleu con grande éxito o ciclo formativo de costura e deseño circular, no que a veciñanza aprendeu ferramentas prácticas para reparar pezas, coller baixos, arranxar estragos e transformar prendas esquecidas do armario en novos proxectos útiles. Unha aposta clara polo consumo responsable e a economía circular, porque a peza máis sostible é […]
O SendAres propón unha nova ruta circular pola costa de Ares o vindeiro 15 de novembro

O programa de sendeirismo SendAres continúa a súa programación cunha segunda saída que permitirá descubrir algúns dos enclaves naturais e paisaxísticos máis destacados do municipio. A actividade terá lugar o domingo 15 de novembro, cun percorrido circular de 11 quilómetros entre Ares, Cervás e Lubre. A ruta partirá ás 9:00 horas da Praza da Igrexa […]