Local de Ensaio

O local de ensaio de Lubre ten como principal obxectivo facilitar un espazo de práctica e ensaio musical á mocidade do ámbito municipal. A infraestrutura asignada tamén poderá acoller iniciativas de carácter musical como presentacións, gravacións, etc., previa autorización por parte da comisión competente.

Para o seu uso, será requisito indispensable presentar un formulario de solicitude, que se someterá a un proceso de valoración. Poderán presentar solicitudes todas aquelas persoas individuais ou que, en representación dun colectivo musical con membros empadroados no Concello de Ares, precisen dun lugar para a realización dos seus ensaios. De igual maneira, designouse un horario xeral de referencia, que se poderá someter a cambios en función das solicitudes presentadas:

Encontrará toda a normativa de uso, así como os formularios de solicitude do local, no seguinte documento:

Ver pdf normativa Local de Ensaio