Rutas SENDAres - Ares Descobre

Ares Descobre é unha iniciativa que ten como finalidade a posta en valor do patrimonio vinculado ao mar. 

A través destes itinerarios autoguiados, locais e visitantes poden coñecer algúns dos oficios do mar ademais das contornas e paisaxes que conforman a memoria mariñeira do territorio de Ares. 

Os percorridos son circulares, un urbano e outro no litoral, poden realizarse camiñando ou en BTT, e aptos para todos os públicos.

O Proxecto

O proxecto Ares Descobre é unha proposta turística impulsada polo Concello de Ares. Esta é posible grazas ao apoio económico do GALP Golfo Ártabro Norte e do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)