Aula de Informática - Aula CeMIT

HORARIO*

LUNS A VENRES

de 10.00 a 14.00

de 16.00 a 19.00

Ver Horario detallado

LOCALIZACIÓN

Aula de Informática
Aula CeMIT do Concello de Ares
Rua Real 24-26 Baixo
15624 Ares (A Coruña)

TELÉFONO

981 94 95 91

CORREO

aula.cemit@concellodeares.com

*Este horario pode verse modificado por actividades como cursos, xornadas e outras actividades informáticas.

NATUREZA E DESCRICIÓN

A aula de Informática – Aula CeMIT é un servizo que ofrece o Concello de Ares en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia para que toda a poboación poida acceder libremente ás oportunidades que brindan os novos sistemas de información e comunicación. O mundo das novas tecnoloxías converteuse nos últimos anos nun elemento imprescindible dentro da sociedade actual. Os computadores atopámolos en todos os ámbitos da nosa vida cotiá.

A aula de Informática – Aula CeMIT ofrece un servizo de acceso libre e gratuíto a Internet para crear un centro de estudo, traballo e lecer. No horario de aula aberta pódese acudir para realizar traballos escolares, navegar por Internet, abrir unha conta de correo electrónico, enviar e recibir correos, imprimir información puntual, consultar ofertas de emprego na Web…

DESTINATARIOS

As Aulas están destinadas a todos os habitantes do Concello de Ares que estean interesados no mundo da informática e as novas tecnoloxías. As persoas que queiran acceder a este servizo só terán que pasar pola aula e cubrir a ficha de inscrición. Actualmente as aulas contan cun total de 900 usuarios rexistrados.

EQUIPAMENTO

O equipamento da aula de informática municipal é:

  • 6 Ordenadores con Windows
  • 1 Impresora
  • 1 Televisión

O equipamento da Aula CeMIT municipal é:

  • 12 ordenadores con Linux
  • 1 Impresora
  • 1 Televisión
  • 1 Proxector
  • 1 Sistema de videoconferencia