Concellaría de Cultura, Deportes, Mocidade e Patrimonio

ALMA BARRÓN FERRO

Contacto: alma.barron@concellodeares.com

A Concellería de Cultura céntrase na dinamización social da localidade, organizando todo tipo de actividades e proxectos que redunden no municipio e que amplíen o máximo posible o acceso á cultura, desde exposicións,presentacións, actos, concursos, etc., a outros eventos que revalorizan os vínculos do pobo coa súa historia emigrante ou a súa contorna mariñeira. Tamén traballa na colaboración con outras entidades culturais e participa na xestión da biblioteca municipal. 

A Concellería de Deportes planifica o deporte municipal atendendo a todos os sectores da poboación. Xestiona os equipamentos deportivos municipais, colabora co asociacionismo deportivo da localidade e encárgase da oferta anual dos plans deportivos para os veciños e veciñas.

A área de Patrimonio promove a revalorización dos espazos sociais, naturais, culturais e históricos de gran relevancia para Ares.

No relativo a Mocidade, céntrase no uso e organización da Casa da Mocidade e toda a información e programas para o público xuvenil.