Ares é un municipio situado na Ría que conta co seu mesmo nome, bañado polo Océano Atlántico.

Sitúase no norte da provincia da Coruña, Galicia (entre os 43º 25’ e 43º 28’ de latitude norte e os 8º 19’ e 8º 12’ de lonxitude oeste). A súa localización permite imaxinar o encanto da súa costa e o  paradisíaco das súas praias. A súa localización limita ao norte con Mugardos, pobo veciño e ao leste con Fene.

A vila conta con tres parroquias que permitirán gozar non só dunha riqueza cultural senón tamén paisaxística, estas son: San Vicente de  Caamouco, San Pedro de Cervás e San Xosé de Ares.

Na súa superficie de 18 km2 asíntanse os seus 5.671 habitantes, que darán a benvida a todo aquel que desexe gozar do pobo.

Ao longo dos anos Ares converteuse nun destino elixido por moitos turistas, xa que as súas praias, a súa gastronomía,  así como recunchos tan insólitos como Montefaro (262 metros) que permiten unha das mellores vistas panorámicas da zona, mostran unha pequena parte do amplo abanico de recursos que este pobo pode ofrecer a quen decida visitalo.