Un Samaín de medo, misterio e doces na Biblioteca Municipal de Ares!

A Biblioteca Municipal de Ares transformouse estes días nun auténtico escenario de aventuras para celebrar o Samaín con dous grupos de intrépidos participantes: os máis pequenos, de 3 a 6 anos, e a rapazada de 7 a 12 anos. As dúas quendas encheron as salas de risos, emoción e algún que outro susto divertido. Armados […]

Buscas participar nunha rodaxe de cine en Ares? Esta é a túa oportunidade!

Búscase xente para formar parte como figuración na rodaxe dunha película que terá lugar en Ares o vindeiro 3 de novembro. Información importante e condicións do proxecto: Importante: Non cubras o formulario se xa participaches na película CHAPAPOTE. Dispoñibilidade: Precísase dispoñibilidade de xornada completa. Remuneración: Salario de 59 € brutos/día, con alta no Réxime de […]

AVISO | FESTA DO SAMAÍN SUSPENDIDA E ADIADA AO 6 DE NOVEMBRO

O Concello de Ares informa de que a festa do Samaín, prevista para hoxe, venres 30 de outubro, queda suspendida debido á declaración de loito oficial. A celebración queda adiada ao venres 6 de novembro, mantendo a programación prevista. As actividades comezarán ás 17:00 horas na praza da Constitución. No caso de choiva, trasladaranse á […]

Puntos limpos móbiles instalados nas contornas de Lubre e Pedrós (28.10.2026)

🔷 Lembra que esta semana os puntos limpos están instalados nas contornas de 📍 Lubre e Pedrós para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. 🚮 Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE LUBRE Podes depositar: ✅ Aceites de cociña usados. ✅ Roupa. […]

O Concello de Ares Mellora a Xestión dos Residuos coa Adquisición dun Novo Punto Limpo Móbil

A actuación, cun investimento de 12.093,95 euros, enmárcase nas axudas da Xunta de Galicia cofinanciadas pola Unión Europea a través do Programa Galicia FEDER 2021-2027. O Concello de Ares impulsa a mellora da recollida selectiva de residuos municipais mediante a adquisición dun novo punto limpo móbil, unha iniciativa destinada a facilitar á veciñanza a correcta […]