A través deste certame creativo, promovido polo Concello de Ares en colaboración co CPI As Mirandas, o alumnado de Educación Infantil encheu de cor e orixinalidade as aulas, amosando situacións cotiás relacionadas coa separación da materia orgánica, o composteiro e o colector marrón.
Tras a deliberación do xurado, formado por docentes do colexio e a concelleira de Medio Ambiente, os traballos premiados con cadanseu lote de libros foron:
- Roi Puente Brage (4º de Infantil)
- Lucía Izquiano Sola (5º de Infantil)
- Dana Donis Arias (6º de Infantil)
Os debuxos presentados poderán ser expostos en espazos municipais para que toda a veciñanza poida contemplar o compromiso e a creatividade da infancia de Ares co coidado da nosa contorna.
Esta iniciativa enmárcase na campaña municipal de compostaxe doméstica e biorresiduos, cofinanciada pola Unión Europea a través de Fondos Europeos, e conta co apoio da Xunta de Galicia e Xacobeo 2027.
Parabéns aos tres premiados e moitas grazas a todo o alumnado participante, ás familias e ao profesorado do CPI As Mirandas pola súa colaboración!




