A Biblioteca Municipal de Ares acolleu a presentación do conto infantil ‘La tortuga Tomasa y el erizo Narciso’

Comparte esta nota de prensa

As familias e a cativada da vila déronse cita na Biblioteca Municipal para compartir unha tarde moi especial arredor dos libros coa escritora Teresa Cal Baudot, quen presentou a súa máis recente obra infantil, ‘La tortuga Tomasa y el erizo Narciso’ (publicada polo selo Apuleyo Ediciones e con ilustracións do artista Daniel Estandía).

Durante o encontro, promovido pola Concellaría de Cultura, a autora compartiu cos primeiros lectores e as súas familias o proceso de creación desta fermosa historia, achegando as claves dos seus dous entrañables personaxes animais e transmitindo valores esenciais coma a amizade, o respecto ás diferenzas e a axuda mutua.

Unha iniciativa concibida para dinamizar o noso espazo bibliotecario e espertar o gusto pola lectura dende idades temperás nun ambiente acolledor e participativo.

Moitas grazas a Teresa Cal Baudot e a todas as persoas que vos achegastes á Biblioteca de Ares por compartir esta xornada de contos e imaxinación!

Pódeche interesar