Emotiva homenaxe en Caamouco ás vítimas do Ciclón da Habana de 1926 e a toda a nosa emigración

Comparte esta nota de prensa

A Agrupación Instrutiva de Caamouco promoveu unha sentida homenaxe aberta á veciñanza para lembrar ás vítimas do Ciclón da Habana de 1926, así como a todas as galegas e galegos que emigraron da nosa terra e nunca máis puideron regresar.

O acto congregou a unha ampla representación do tecido social e veciñal da contorna. Na cita participaron:

  • Asociación Veciñal de Caamouco
  • Asociación Cultural CaamoucoNET
  • Club Marítimo de Redes
  • Club de Tenis Redes
  • Comisión de Festas Redes-Caamouco
  • Comunidade de Augas de Redes
  • Asociación Veciñal de Limodre

En representación municipal, asistiron o alcalde do Concello de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Cultura, Alma Barrón, quen acompañaron aos colectivos e á veciñanza nesta data sinalada.

Durante a cerimonia desenvolvéronse os seguintes actos conmemorativos:

  • Lembranza histórica do impacto do Ciclón de 1926 en Caamouco.
  • Plantación simbólica de flores entre as entidades e descubrimento dunha placa conmemorativa.
  • Minuto de silencio en memoria das vítimas, pechado con doce toques de campá.
  • Interpretación dos himnos de Cuba e Galicia como peche solemne.

Un encontro cargado de respecto, memoria e recoñecemento, organizado pola Agrupación Instrutiva de Caamouco.

Pódeche interesar