Ares celebra o Día do Músico cun grande encontro coral e de rondallas no Casino Aresano

Comparte esta nota de prensa

O vindeiro sábado, 21 de novembro, temos unha cita moi especial coa música na nosa vila. A partir das 17:30 horas, o Casino Aresano acollerá o tradicional Concerto Día do Músico, unha tarde chea de harmonía, tradición e intercambio cultural.

Sobre o escenario contaremos coas actuacións de catro destacadas agrupacións chegadas dende Galicia e Portugal:

  • Coral A.C. Cruceiro do Monte (Teo)
  • Rondalla de Cariño
  • Coro Polifónico Verdoejo (Portugal)
  • Rondalla Trovadores de Ares

Data: Sábado, 21 de novembro
Hora: 17:30 h
Lugar: Casino Aresano

Unha cita organizada polo Concello de Ares (Concellaría de Cultura) e a Rondalla Trovadores de Ares, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña e o Casino Aresano.

Agardámoste para celebrar xuntos a paixón pola música!

Pódeche interesar