Avisos

Dende o 1 de decembro ata o 31 de xaneiro de 2027, o Concello de Ares porá en marcha unha nova edición do MercAres, baixo o lema «Rasca e gaña!», unha iniciativa pensada para dinamizar o comercio e a hostalaría local durante as compras de Nadal e as rebaixas.

Como funciona?

A clientela que faga compras ou consumicións superiores a 10 euros nos establecementos adheridos recibirá un vale-rasca, co que poderá gañar premios directos de ata 500 euros para reinvestir nos propios negocios colaboradores.

Queres participar?

Se tes un establecemento na vila (alimentación, panadaría, carnicería, peixaría, tenda de proximidade, hostalaría…) e aínda non estás inscrito, pero queres sumarte a esta campaña de dinamización económica, ponte en contacto coa Concellaría de Turismo no teléfono 677 124 121.

Fagamos xuntos un Nadal máis vivo, apostando polo comercio de proximidade!