“Lánzaste con nós?”, unha excursión ás Minas Consuelo e á tirolina máis longa de Galicia

As Concellarías de Cultura e Xuventude organizan unha visita ao concello da Pontenova (Lugo) destinado á mocidade. O sábado, 9 de abril, día de comezo das vacacións escolares, coñeceremos todo un complexo histórico e recreativo ao aire libre marcado pola aventura, rematando co lanzamento nunha tirolina de 300 m. de longo e 80 m. de […]
O Concello recupera o lavadoiro do río Baixolo en Seselle

Esta mesma semana finalizou a súa rehabilitación, dignificando así unha construción con relevancia patrimonial, cultura e etnográfica procedente de 1928. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, e José Juan Vilar, edil de Obras, supervisaron o remate dos traballos no día de onte. O lavadoiro de Baixolo, construído na época indiana e unha parte fundamental da memoria […]
Redución do servizo de recollida de lixo no termo municipal por mor da folga de transportistas

O Concello informa da redución do servizo de recollida de lixo no termo municipal por mor da folga de transportistas que se está a producir nas últimas xornadas e que afecta tamén á xestión de residuos sólidos na pranta de Sogama. O servizo mínimo que se establece en Ares operará aproximadamente a un 50 % […]